NOS DOUS VINDEIROS ENCONTROS SO DEPOR HABERÁ REPRESENTACIÓN DE PEÑAS NAS GRADAS DE RIAZOR.

 

Segundo nos informan dende a Federación de Peñas Deportivistas : “O Clube vainos proporcionar un número de entradas para a Federación de Peñas para os vindeiros partidos dos días 24 e 31 de Xaneiro, (contra Compostela e Unionistas). As entradas serán repartidas equitativamente entre todalas peñas que as soliciten, ata completar o cupo, con prazo máximo de solicitude, hoxe día 23 de xaneiro as 12:00 horas. As peñas que disfruten do primeiro partido, non poderán optar as do segundo, para poder darlle oportunidade a todas. Tamén comentar que soamente poderan asisitir peñistas censados e socios do Clube e residenes na Coruña, xa que non se proporcionará certificado de movilidade para asistir os partidos. A notificación das peticións, farese vía mail”.

Polo tanto ainda que non poidamos ir os peñistas de fora da Coruña, si haberá unha represenación, xa que o club xa informou días atrás, (como xa informamos nos tamén), non porá entradas a venda.

O equipo non estará só e terá o alento do deportivismo con esta representación, xa que non hai dereito a que algúns xornalistas antideportivista entren o estadio, e nós os que levamos unha vida animando teñamos que quedar fora.

-Foto e Texto : piratasdemuxia