NON HOUBO “QUORUM” POLO TANTO A ASEMBLEA DE ACCIONISTAS DO RC DEPORTIVO SERÁ MAÑÁN MARTES 17.

 

Como era de esperar non houbo “quorum” neste primeiro día de convocatoria da Asemblea de Xeral de Accionistas do RC Deportivo, na que se aprobaraán os presupostos e se aclararan as contas, así como o punto máis interesante que será o de “Rogos e preguntas”.

Polo tanto a Xunta Xeral Extraordinaria de accionistas do celebrarase definitivamente mañá martes 17 ás 19:00 horas en segunda convocatoria en Palexco.

Durante todo o día 17, nas instalacións de Palexco, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h., os accionistas ou os seus representantes poden obter o seu cartón de acceso e votación presentando o seu DNI no primeiro dos casos, e o DNI e a folla de delegación no segundo.

No caso de que o accionista represente a outros accionistas, deberá presentar simultaneamente o documento de delegación de accións no que se lle adxudica a representación, debidamente cumprimentado, (temos constancia de accionistas que non recibiron como ata agora a folla de delegación no seu domicilio).

Segundo informa o clube : “Por operatividade e para evitar atrasos no inicio da Xunta Xeral, recoméndase e agradece que todos aqueles accionistas que leven accións representadas retiren os seus cartóns de acceso e votación antes do martes 17 ao mediodía”.

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.