NON HABERÁ VÓOS CHARTER A MALLORCA ORGANIZADOS

Non haberá vóos “charter” programados a Mallorca

Dende a Federación de Peñas Deportivistas infórmannos que non haberá vóos “chater” de afeccionados programados para o encontro de volta. Levan varios días movéndose na procura de orgañizar unha expedición de afeccionados ao encontro de volta en “Son Moix”, pero topáronse con tódalas portas pechadas. Tamén trataron a idea de que o club sufragase parte da pasaxe pero non foi posible.

A oferta máis arranxada que lles deron foi de 449 euros por pasaxeiro máis os traslados algo ao alcance de moi poucos bolsillos e menos para os que viaxamos en grupo.

 

COMUNICADO DA FEDERACIÓN DE PEÑAS

“Queridos peñistas, lamentamos informarvos de que desistimos na búsqueda de prazas pra viaxar a Mallorca. Despois de tocar moitas portas e levar nos fuciños con elas o prezo máis económico que conseguimos foron 449€ voó máis traslados. Consideramos inviable traballar con estos prezos por moito que nos pese. Lamentamos profundamente ter que comunicarvos isto pero ninguén nolo puxo fácil pra que esto saíse adiante. Unha forte aperta e Forza Dépor!!!”.

 

O noso recoñecemento a Federación de Peñas que fixo un traballo extraordinario, (de 212″), toda a tempada e segue a facelo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies