NOEL, YEREMAY E TRILLI QUEDAN NA CASA SIN IR A YOUTH LEAGUE E TRILLI APUNTA A TITULAR EN LIGA ANTE A BAIXA DE VÍCTOR GARCÍA.

Trilli xa foi titular en Copa a pasada semana.

 

O equipo Xuvenil A do RC Deportivo desprouse este luns 6 de Nadal a Israel para render visita ao Maccabi Haifa no partido de volta da segunda eliminatoria da UEFA Youth League previsto para o mércores 8 de Nadal ás 16:00 horas, (15:00 GMT), no Sammy Ofer Stadium de Haifa. Os deportivistas defenderán unha renda de 5-1 do choque da ida.

Antre a expedición de 18 rapaces que leva Manuel Pablo a terras israelitas non van Noel, Yeremay e Trilli, en dinámica do primeiro equipo, con minutos en liga e copa os 2 primeiros en en copa Trilli.

Dos tres xogadores o propio Trilli apunta a titular o vindeiro Domingo en liga, ante o Valladolid Promesas, en Riazor, (17:00 horas/16:00 GMT), dado que pola “clausula do medo”, Víctor García, o dono da banda dereita non poderá xogar, si ten permiso para xogar se Borja Jiménez o precisa, Doncel, xogador tamén cedido polo Real Valladolid. Outro que non estará, neste caso por acumulación de cartóns, é o central Adrián Lapeña, apunta no seu eido, Trigueros.

 

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia