NOEL E TRILLI TIVERON O SEU DÍA SOÑADO EN RIAZOR.

A ledicia dos dous rapaces tralo 5-0.

 

A Tarde-noite deste 29 de Agosto de 2021 de seguro que quedará marcada para sempre aos canteiráns, Álvaro Pérez Campo ” Trilli” e Noel  López De la Fuente, os dous con tansó 18 anos, debutando co equipo da sua vida e derrotando ao filial do C.Vigo, e no caso de Noel dando o pase do 4-0, e facéndolles un auténtico golazo, con caño incluido, para o 5-0.

Foron moitos os que tiveron o privilexio de xogar nun estadio no que de nenos viron moitas das xestas que fixo o RC Deportivo a nivel nacional e internacional, e puideron vivir nas suas carnes o que é xogar en Riazor, pero estes dous chavales xa saben o que é xogar co equipo dos seus amores e no caso do dianteiro, completar tódalas categorías do equipo branquiazul dende os benxamíns ata o primeiro equipo, o lateral só lle faltou xogar en benxamíns.

O lateral xogou todo o encontro e o dianteiro 10 minutos sustituindo a Miku.

Ambos non estarán para o encontro da vindeira semana o Domingo 5 de Setembro a partires das 17:00 horas, (15:00 GMT), ante o Tudelano ao desprazarse hoxe para dous encontros ca Selección Española Sub-19, a que tamén está citado Dani Barcia, sendo o RC Deportivo o que máis xogadores aporta ao combinado nacional, un fito histórico.

Non podemos esquecer tampouco a volta a Riazor de Ian Mackay, un chaval de 34 anos que chegou o clube con 15 anos e borou 6 tempdas ata buscarse a vida lonxe de Riazor, para retornar e tamén ter o debut soñado.

 

-Foto  : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies