Este ano tras varios anos solicitándoo o turismo da Costa da morte, abreu o Parador de Lourido, (Muxía), un mes antes e fíxoo coa previsión de cheo toda a fin de semana, e nél pódese ver a fantástica exposición fotográfica do fotógrafo Muxián Xesús Búa.
A exposición no parador muxián.
Unha exposición que xa percorreu Galicia, España, Portugal, As Azores e Brasil e na que se pode ver a dureza e a sensabilidade dos percebeiros e percebeiras da Costa da Morte. Unha exposición que foi o xerme do libro do mesmo nome, “Homes e Mulleres de Sal e Ferro”. A exposición estará no parador muxiáns desde o 27 de febreiro ata o 6 de abril.
O parador muxián que está no podio dos paradores de España en ocupación e valroración dos usuarios, o ano pasado ocupou a segunda praza, unhas décimas por debaixo do primeiro.
.
-Foto : Xesús Búa
-Texto : Xosé Búa “Pirata”