“NIN TANTO…NEN TAN POUCO…NEN TERMINAL…NEN NA GLORIA”.

O equipo nen está terminal, nen na gloria.

 

Tralo encontro do pasado Domingo antre o Real Madrid Castilla e o Depor, Óscar Cano saeu alabando as cousas boas que veu no seu equipo, non dixo nada das malas, pero ensalzou en demasía os aspectos positivos que él veu : “xogando así, todos os resultados vindeiros ou moitos deles van ser positivos. Hoxe o equipo estivo moi ben. Un 10 para os rapaces e transmitirlles a nosa afección que este é o camiño. Xogando así se perde moi pouquiño. Dimo a experiencia. Levo 22 anos adestrando e hai tempo que non vexo a un equipo meu con esta personalidade, xogando nun escenario tan complicado”, dixo o técnico deportivista.

Todo apunta a unha estratexia de positivismo, que ben podería ser trasmitida polo filósofo farncés, Auguste Comte, e que xa teñen practicado outros adestradores, no vestiario e de cara a galería, sen ir máis lonxe, Borja Jiménez, ante o Talavera veu un encontros “extraordinario”, habendo sido un choque no que nos puxemos 3-1, chegaron duas veces, marcaron, e acabamos pechados atrás e pedindo a hora…Nada que ver co que se veu no Alfredo di Estéfano.

Nin tanto como falou Óscar Cano, nen tan pouco como falaron algúns xornais no post-encontro.

por poñer un exemplo, no La Voz de Galicia, fíxose un tratado sobre o mal que o fixo o Depor, obviando, as ocasións malgastadas, a infrioridade numérica, e machacando a defensa, cando io mal esytivo, e acostuma a estar no ataque, xa que somos e fomos incapaces de neutralizar, ou superar un so gol en contra, como nos encontros anteriores do que vai de liga, e practicamente toda a segunda volta do ano pasado, inclusive o Play-Off , no que chegaba o empate, e quedamos fora do ascenso por un só gol.

Outro dos  factores que hai que ter en conta para reafirmarse en que non foi nen tanto, nen tan pouco, foi que enfronte estaba o Real Madrid Csatilla, un equipo feito a base de talonario dende xa moi nenos, e que na pretempada xa nos dou un bo repaso de fútbol, ainda que acabase en empate o envite en Viveiro.

O Real Madrid, comezou mellor, marcou, tivo varias para aumentar a renda, pero non o fixo. O Depor foi de menos a máis, tivo ocasións para empatar e non o fixo.  Cando quedou con 10 foi a menos, tivo uns minutos de incerteza, pero en troques de outros encontros nos que xogamos con 11 ata o final, (Linense, Talavera, Pontevedra…), o equipo non se puxo atrás, buscou a porta e dispuxo de ata 3 ocasiósn para empatar, pero fallou o ataque unha vez máis, e non se foi capáz de neutralizar un só gol.

Por outra banda, a asignatura do Depor fora da casa xa se perde no tempo, e cóntanse cas mans, (e sobran dedos), os bos encontros fora, que se gañasen con superioridade.

Mellor arrimarse o hombreiro do adestrador e buscar o positivismo, (que equipo hai), que arrimarse a prensa maliciosa, que ten algún comentarista, tertuliano, ou articulista, que pensa que foi alguén, que inventou o fútbol, e que se ve sair un esquexe dunha pranta, en troques de dicir que está nacendo, dí que encolleu e morre seguro. Xente que pretende dar imaxe de deportivista e que é un “lobo-depresivo” agachado, que se alimenta da crítica.

Nin tanto…Nen tan pouco…Nen fomos unha marabilla, nen deron asco…Sí deron decepción, pola derrota.

Nin está en fase terminal o equipo, nen está na gloria, pero hai tempo para estalo, e mellor que sexa na gloria.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia