Netflix ten tomada Moraime desde fai varios días para a grabación dunha serie.

Desde o pasado venres unha produtora de Netflix ten tomada Moraime para a grabación de secuencias da terceira tempada dunha serie alemana da plataforma, (“Mindfulness para asesinos”), que tamén segundo comentaron ían grabar no Faro Vilán.

O gran número de persoal da grabación deixouse ver estes días por Muxía onde hai membros hospedados e deron boa conta da gastronomía local, aumentando o movemento desta Ponte do Pilar, mesmamente antre o elenco de profesionais do cine había dous diretivos de Netflix desprazados a Muxía.

A pasada semana tamén se deixou ver pola localidade muxiana o produtor noruego de documentais e activista por cusas como o Amazona ou Palestina, Bard Kjode Ronning.

–

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

–