As nenas e nenos da Escola Municipal do Concello de Camariñas participaron esta mañá na proba de campo a través desputada en Porto do Son.
Concretamente, participaron alumnas e alumnos dos centros de Ponte do Porto e Camariñas.
Iván Mouzo, na categoría alevín, logrou acadar unha meritoria terceira posición. Todas e todos gozaron da contorna natural do espazo, e pasárono en grande!.
Acompañou á rapazada Fabián Canosa, concelleiro de Deportes de Camariñas, quen quere “parabenizar a todas e todos os rapaces pola súa entrega e adicación. Pasárono en grande esta mañá, e iso é o máis positivo”, comentou o edil.
-Foto e Texto : Departamento de prensa Concello de Camariñas
++++
-Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo co que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
-Tamén informar que trocamos de o noso email é : admin@piratasdemuxia.es
-Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas. Consultanos como facelo.