NATALIA EDITH PEREYRA A SEGUNDA COLEXIADA QUE PITA O MUXÍA CF NA SUA HISTORIA.

Natalia fixo unha boa arbitraxe na Arliña.

 

Facía algo máis de 10 anos que arbitrara por primeira vez unha muller no Municipal da Arliña, fora nun Muxía CF-Alcaián CF, e desa vez, a primeira rapaza que dirixía un encontro no campo muxián fora Eugeni Gil Soriano, nada en Mérida, pero coruñesa, e que hoxe en día arbitra na 1ª División Española. 

Este pasado domingo e co gallo de que trala dimisión do responsable dos árbitros da costa, Vitor Recarei, os colexiados costeiros fixeran folga, deu pé a que mandase colexiados doutras delegacións, e o Muxía CF-UD Cerqueda, tocoulle como impartidora de xustiza a colexiada, Natalia Edith Pereyra, que antes da pandemia dirixía encontros na Liga Marplatense, categoría rexional de Mar de Plata, (Bos Aires-Arxentina). Tanto é así que a colexiada dirixeu o encontro con cartóns da AFA, (Asociaicón Arxentina de Fútbol).

Esta é polo tanto a segunda muller que dirixe un encontro na Arliña, e o Muxía CF, xa que na costa dos 38 colexiados todos son homes, e non se deu nunca a casualidade de que mandasen doutras delegacións unha muller. Decir que falamos desto como dato curioso, pois xa está máis ca demostrado, que as mulleres colexiadas fano igual, ou mellor cos homes, e pensamos e desexamos, que se igualice a cantidade duns e outros.

 

 

Sobre o encontro fixo unha boa arbitraxe en liñas xerais. O choque non era doado, un Muxía Cf que segue na loita por coller o lider SD San Lorenzo, e que suma os mesmos puntos co Corme CF, e u UD Cerqueda con novo adesrtador, que está indo a máis e que busca escapar dos postos de descenso. Amosoulle un cartón aos muxiáns, e 4 aos cerquedenses, e pitou no desconto unha pena máxima, que non tivo discusión.

 

Crónicas de todo o Fútbol da Costa e deste encontro : PREME AQUÍ.

-Fotos e Texto : piratasdemuxia