NAS CHARLAS-COLOQUIO DO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES E A RFGF HOXE MARTES O FÚTBOL AFECCIONADO COS ADESTRADORES DE AROUSA, RIBADUMIA E CELTA “B”..

Comezaron a semana fortes  charlas-coloquio que está a levar a cabo o Comité de adestradores e a RFGF, con dobre sesión, onte foi o turno do fútbol sala, pero dende a visión e a opinión de dous pesos grandes da arbitraxe con Juan José Cordero Gallardo, Árbitro FIFA da Primeira División FS, que foi premiado o ano pasado como “Mellor árbitro do mundo” e con Pedro A. Galán Nieto, Presidente da Comisión Nacional de Fútbol Sala de RFEF.

Hoxe martes 21 de Abril, a cita será con 3 adestradores do fútbol afeccionado, dende ás 19:30 horas. Falarán cos afeccionados, Rafa Sáez, (adestrador do Arosa SC), Luis Carro, (adestrador do CD Ribadumia) e Rubén Albés, (adestrador do Celta “B”).

Podes seguilos dende ás 19:30 horas neste ENLACE, no que tamén podes ver tódalas sesións que se levan feito en diferido.

 

 

Rubén Albés

Rubén Albés Yáñez rematou a súa andaina no UCAM Murcia CF da Segunda División B o pasado mes de outubro. O vigués, que ten 35 anos de idade, dirixiu nas dúas últimas campañas a dous filiais: o Real Valladolid B e o RC Celta B. Con este último logrou a permanencia a última hora no play out, mentres que cos vallisoletanos acabou sexto.

Albés converteuse en 2010 no adestrador máis novo de España en categorías nacionais como segundo adestrador de Benito Floro no Wydad de Casablanca, de Marrocos. Posteriormente adestrou ao Novelda CF e na tempada 2014-2015 dirixiu en dúas etapas ao Eldense, ao que salvou do descenso nunha situación comprometida.

Así mesmo, na súa etapa no Valladolid, foi axudante de Gaizka Garitano tras substituír ao vasco a Miguel Ángel Portugal no banco. Posteriormente regresou a dirixir ao filial blanquivioleta.

Rafa Sáez

O técnico pontevedrés Rafa Sáez goza doutra experiencia en Terceira da man do Arosa SC, un dos históricos da categoría e que este ano opta ao ascenso de categoría.

Chegou a ser técnico de Primeira División co RC Celta (últimas oito xornadas da 2003-04 formando tándem con Ramón Carnero), pero sempre sentou en bancos da Segunda División B como os de Pontevedra CF, Logroñés e Coruxo CF.

Luis Carro

Luís Carro é o actual técnico do CD Ribadumia. A xunta directiva outorgoulle toda a súa confianza para devolver ao equipo a Terceira División tras o descenso do pasado curso e o equipo lidera na actualidade a táboa clasificatoria no Grupo 2 despois de completar un refacho glorioso.

Carro, que debutou na categoría precisamente na Senra, sempre trata de ser protagonista a través da pelota. Con anterioridade ascendeu de categoría co Club Juventud Cambados.

En directo en Youtube

A xornada online “Falemos de Fútbol desde casa con Rubén Albés, Rafa Sáez e Luis Carro” comezará ás 19.30 horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol (Canle da RFGF).

 

-Texto : piratasdemuxia.es

-Fotos : Comité de Adestradores Galegos/Gabinete de comunicación da RFGF.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.