NARRO SEGUNDA FICHAXE DO DEPOR 2022/23.

 

O RC Deportivo confirmou a fichaxe de Víctor Narro Valero (Palma de Mallorca, 27 de maio de 1999), converteuse, procedente do Real Valladolid Promesas, chega coa carta de liberdade e firma para as dúas próximas temporadas.

O atacante balear disputou 27 partidos a pasada temporada na Primeira RFEF, ademais de 7 encontros co primeiro equipo vallisoletano, (dous deles de Copa do Rey).

Antes do seu paso polo filial vallisoletano militou no Villarreal B co que disputou un total de 21 encontros, após a súa formacion na canteirs “grogueta” e do RCD Mallorca.

Destaca pola sua verticalidade, e ten olfato goleador. Ista tempada marcou 6 goles xogando no interior dereito, e deu 6 asistencias, Destacar o tremendo gol que marcou ante o Talavera, xogando con 10 dende a primeira metade, marcaba no treito final o gol da vitoria, tras unha recuperación tras un saque de curruncho en contra, cruzou todo o campo, e driblou o porteiro no área e marcou a porta valeira.

O clube seguindo a teima dos derradeiros anos fixo pública a fichaxe ás 19:06, en referenza o ano de nacemento do RC Deportivo..

Esta é a segunda fichaxe, trala de Gorka Santamaría, dianteiro chegado do CD Badajóz, equipo do que todo apunta que chegará o medio, Isi Gómez, tal e como apuntaba o presidente do Córdoba, que asegurou tiñan un precontrato con él, pero que prefire irse o Depor.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies