Son moitos os xogadores que nos derradeiros anos profesaban un amor incondicional cas cores do Depor, cas cores de quen os fixo coma xogadores. A disculpa : “aquí non hai oportunidades para a canteira”. A realidade, “hai que valer, e sobre todo hai que apostar por quen cho deu todo para formarche”.
Nos tempos máis recentes Noel e Trilli non aceptaron a oferta do clube deportivista para continuar a pesares de ter moitos anos por diante para buscar outros destiños. Tamén hai que dicilo que houbo casos aos que non se lles deu esa oportunidade de renovación, porque os responsables de turno non souberon ver nada deles.
A realidade di que non hai ningún dos que se foron que trunfase en ningures, pero hai casos coma Mella, Barcia, ou Yeremay, que souberon agradecer o que lles puxo o RC Deportivo para a chegar a ser futbolistas de futuro. Poderán trunfar aquí ou non, pero non abandonan os compañeiros cando o barco se está afundindo. Quedan a tentar axudar, e se non funciona terán tempo para buscar novos horizontes.
“Estou feliz de seguir no Depor, para min é un orgullo defender esta camiseta”, decía onte Yeremay. O rapáz ven de renovar co Depor ata xuño do 2026, que de ascender o equipo a Segunda División nestes anos, sería ata 2027. Honorable decisión do canarío que o clube que fai uns días lle otorgaba o importante “10”, fixo o vídeo ca renovación do rapáz, que chegou aquí con idade cadete e como él mesmo asegura : “aquí fíxenme futbolista e persoa”.
Víctor Narro rescinde contrato
Por outra banda Víctor Narro e o RC Deportivo chegaron a un acordo mútuo para rescindir o contrato antre ambos. Xogador que non tivo moitas oportunidades no equipo e que cando as tivo non foi valorado polo adestrador de turno. Parécenos un bo xogador ao que lle tocou estar as órdes de xente caprichosa, e que sería interesante para esta tempada, pero o apartado deportivo debe ter outras cousas en mente que xa veremos, se da canteira ou de fora. O noso desexo de que todo lle vaia ben a Narro, agás se se enfronta aos nosos.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pìrata”