NANDO WALDOMAR E FRAN “PIOTO”, NON SEGUIRÁN NO CF MUXÍA TRALO ASCENSO E DESPÍDESE CUNHA EMOTIVA MENSAXE.

Nando e Fran nun Muxía-Cee desta tempada

 

Fixo o pasado 9 de Xuño xusto un ano que Nando Waldomar e Fran “Pioto” asinaban co CF Muxía, tras unha tempada que se frustrara no treito final e na que a piques se estivo de acadar o que se acadou esta tempada, semifinalistas na Copa repiteuse e quedouse máis preto da final, e ascenso a 1ª Galicia, despois de 34 anos que a pisou por derradeira ver o equipo muxián, daquela demoninada 1ª Rexional, que logo pasou a ser 1º Autonómica e dende fai uns anos 1ª Galicia. Duas veces estido o equipo da Vila da Barca nesa categoría, na tempada 1987/88 e 1989/90. Desta volta Nando e Fran conseguiron o éxito a base de traballo e afrontar e remontar moitas adversidades en cuestión de lesións.

A cabeza máis visible deste tandem, Nando Waldomar, aquí nos deixa a sua despedida do clube cunha emotiva mensaxe de lembranza a todos e a todo o que foi esta tempada. Ten que deixalo por motivos de traballo, pero o seu legado, (e o de Fran), quedan aí. Agora queda un gran traballo para Juan José Busto, presidente do Muxía, e da sua diretiva para de novo acertar ca persoa idónea para continuar cun proxecto que se baseou moito na xente da casa, deixando atrás tempos nos que se traía de fora tendo equipos de tódalas categorías de base con equipos feitos dende benxamíns e ata dende prebenxamíns. Unha cousa que sabe moi ben Fran “Pioto”, que xa tivo a estes rapaces, agora moitos deles homes, dende rapaciños nas escollas de fútbol e futsal.

 

 

Despedida de Nando Waldomar :

“En primeiro lugar quero ser agradecido con toda esa xente que axudou a que esta tempada chegara a bo porto. Comezar polo corpo técnico que este ano estivemos axudando ós rapaces para que poideran competir da mellor maneira posible: teño que agradecer infinitamente a Fran Pioto por estar ahí sempre, sen a súa axuda o conseguido esta tempada non sería posible. Felipe que sempre estivo solucionando e axudando en todo tipo de situacións, una persoa imprescindible para sair a xogar xornada tras xornada. Agradecer a Dani e Damián de DAFIT o seu esforzo e traballo para que a plantilla estivera o mellor preparada para o difícil reto que tíñamos por diante. A Joselu polo seu gran traballo cos porteiros do Muxía, impagable o seu esforzo, non me quero olvidar de Adrián “Macareno” polas nosas conversas durante esas tardes de entrenamentos no que aprendín moito escoitando a un profesional coma él. Agradecer ó Presi e a toda a directiva a súa confianza, o seu apoio total e felicitalos polo conseguido, xa que o seu traballo moi poucas veces é recompensado nos equipos de fútbol. Quero agradecer o cariño e o apoio da xente de Muxía, que sempre están animando ó seu club, e no meu caso teño a sorte de poder contar coa amizade de persoas coma Suso, Miguel, Álvaro… que nos coñecemos de moitos anos e foron das persoas que fixeron que me decidira por entrenar esta tempada no Muxía. Moitas grazas a tod@s. Quedan os mais importantes, os que gañan os partidos e conseguiron ascender ó equipo esta tempada: os XOGADORES, que son moi grandes, felicitalos polo seu traballo, o esforzo que fixeron e agradecer todo o que me axudaron. Quedanos pendiente una promesa para o futuro, non me olvido”.

“Falando da tempada, foi un ano de moito traballo, no que tivemos moitas lesións, na cal os xogadores tiraron do carro e fixeron un esforzo enorme para poder competir da mellor maneira posble. Todo iso non sería posible sen o grupo tan bo de primeiro persoas e despois xogadores que forman o equipo senior do Muxía, coa gran axuda dos xuvenís. O ascenso foi a recompensa de todo ese traballo, meréceno tanto a plantilla coma a directiva e o pobo de Muxía. Na copa fixemos un bo papel que, como lle dixemos ós xogadores, lles ten que servir para medrar á hora de competir, aprender dos erros e superarse para volver con forza a intentar gañar esa competición que tan bonita é. Temos un equipo moi novo no que grazas os consellos dos mais veteráns estiveron competindo en cada partido que xogamos e mellorando para ser mais fortes como equipo, o que vai a traer moitas alegrías á FAMILIA do MUXÍA. Pola miña parte MOITAS GRAZAS por todo o cariño recibido”.

Fran “Pioto” a man dereita de Nando :

“Corroboro as palabras de Nando e a maiores podes poñer que foi unha ledicia pasar este ano con un grupo de rapaces os que xa entrenei desde nenos, e foi un orgullo ver como de “maiores” siguen tendo uns valores de compromiso e educación persoal e deportiva que fan que o escudo do Muxia este moi ben representado”.

 

De esquerda a dereita : Os adetradores do ascenso, Fran “Pioto, e Nando Waldomar co presidente do equipo muxián, Juan José Busto o 9 de Xuño do 2023, día no que asinaman co CF Muxía. Por detrás un ano enteiro de traballo para acadar un merecido ascenso. A nosa máis cordial noraboa a todos e así coma a xogadores, resto de diretivos e axudantes do clube polo acadado con humildade e traballo.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Texto despedida : Nando Waldomar 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies