NACHO LOURIDO DIRECTOR DO NOVO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA ANALÍTICA E DEPORTIVA DO RC DEPORTIVO.

Nacho Lourido, estrea departamento.

 

Ignacio Lourido Fuertes (A Cañiza, 28 de decembro de 1971) é, desde hoxe, director do novo departamento de tecnoloxía analítica e deportiva do Real Club Deportivo. 

Técnico superior en aplicacións informáticas e experto en Big Data aplicado ao modelo de xogo, análise e adestramento en fútbol (Máster en Big Data – UCAM), colaboraba nesta faceta de maneira externa co Club, ao que agora se incorpora para desenvolver e implementar o novo departamento.

Esta nova área dirixida por Lourido dotará ao staff técnico do fútbol profesional de información analítica e predictiva para a toma de decisións, mediante a creación de “Modelos de información” para a captación (informe de rendemento de xogadores a partir de algoritmos pre-definidos, informes ad-hoc para identificar talento, xeración de alertas personalizadas para a detección precoz de talento, etc.), así como do cadro profesional e os rivais (medicións de rendemento técnico e físicos). Por outra banda, desenvolverá e xestionará a plataforma de información do fútbol base (información para a captación de xogadores, medicións de rendemento e evolución dos xogadores, itinerario metodolóxico, etc.).

Ademais da súa formación tecnolóxica, Nacho Lourido é Técnico Deportivo Superior en Fútbol Nivel III e o actual adestrador do Cadete A de o RC Deportivo, posto que deixará de cara á próxima temporada para centrarse nas súas novas responsabilidades.

-Foto e Texto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies