NA TARDE DE HOXE TERÁ LUGAR A SUPERCOPA DA COSTA/SAR QUE ENFRONTARÁ AO FISTERRA E O TORDOIA CAMPIÓNS DA COPA DA COSTA E A DO SAR.

 

Volve a Supercopa da man de Nando Muíño Fisioterapia e Osteopatía

A SD Fisterra e a SD Tordoia veranse as caras en Santa Comba para loitar polo título da Supercopa que volve da man da Clínica de Fisioterapia e Osteopatía Nando Muíño de Carballo.

A cita

O evento terá lugar o hoxe domingo 4 de setembro no Campo Municipal de A Fontenla ás 18.30horas, día no que seguro que Santa Comba se converterá nunha gran festa do fútbol, xa que os actuáis campións da Copa Da Costa e da Copa Do Sar deleitarán a todos os que se acheguen a terras xalleiras cun bonito espectáculo que ademáis acollerá a dúas afeccións totalmente entregadas aos seus e que ademáis son das máis numerosas da zona.

Os protagonistas

Dous meses máis tarde, a Sociedade Deportiva Fisterra regresa a un lugar moi especial, posto que Fontenla foi testemuña de excepción da consecución da súa cuarta Copa Da Costa e farao para disputar esta nova Supercopa na que poderemos ver o que nos deparará o proxecto dun renovado equipo con respecto á pasada tempada; comezando polo banquiño onde volverá a sentarse un home da casa como é Ángel López, quen volve ao Ara Solis para dirixir ao conxunto dos seus amores nun novo ano na Preferente Galicia.

Por outra banda, unha Sociedade Deportiva Tordoia que, ao contrario que o seu rival nesta Supercopa, ten unha dinámica continuista posto que renovou á totalidade do seu plantel, excepto a dous xogadores (Rubén Fariña e Ché); aínda que se reforzou coa incorporación de catro futbolistas (Raúl Varela, Diego Ferreiro, Iago López e Álex Costa).

O cambio máis notable é o que se deu no banquiño, onde Santi Cambón colle o relevo de Dani Calvete, despois do seu paso polo fútbol base do Bergantiños e o San Lorenzo de Verdillo; para afrontar unha nova e ilusionante tempada na Primeira Galicia.

Desta forma, seguro que ambos conxuntos nos depararán cun bonito espectáculo entre os actuais campións da Copa Da Costa e da Copa Do Sar, o cal poderemos gozar todos os amantes do fútbol o hoxe domingo 4 de setembro ás 18.30h. no Campo Municipal de Fontenla (Santa Comba), nunha competición que volve á escea seis anos despois, grazas ao impulso e á iniciativa da Clínica de Fisioterapia e Osteopatía Nando Muíño, con seu xerente Fernando Muíño Bello á cabeza, e á boa predisposición e á colaboración amosada dende o primeiro momento polo Concello de Santa Comba e o Xallas FC, clube que é o campión da única edición que se disputou deste trofeo.

 

-Foto e Texto : David Castro

-Foto :

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies