Continua a operación rocambolesca que comezou Tebas con tódolos despropósitos habidos e por haber, infrinxindo todo tipo de leis deportivas e sanitarias, continuou por parte do presidente do Fuenlabrada, ( segueo facendo), e co fillo de Tebas, con bulos e mentiras, ata acusando a xente que nin comprobaron se era, todo co fin de paliar a sanción que poidan levar, pois ata dende uns e outros ata queren impedir que a xustiza deportiva sega o seu curso. Mentiras, desculpas, bulos, controversias, comunicados inverosímiles, falsedades, xornalistas que disparan contra todo, etc…son as pautas do Fuenlabrada e os que os apoián. E pagan con decir cousas como “Hay una mano negra contra nosotros” ou “esto huele a mierda”, e todo sobre unha situación creada só por todos eles na procura de chegar de maneira sospeitosa a promoción e a 1ª División, que creemos ese era o fin de todo pro estaloulles na cara.
Nun cúmulo de despropósitos agora os xogadores do clube madrileño piden que se xogue o encontro o vindeiro Domingo 2 de Agosto, sen ter o alta, sen adestrar e co encontro suspendido definitivamente e cun comunicado do clube fai uns días que renunciaban o “Play-Off”. Unha situación feita por todos eles cunha serie de comunicados, e logo volta atrás, que din as craras que hai moito máis por detrás, co beneplácito da “Tebas family”, que se encargan de ir metendo cousas incrédulas por un e outros medios para buscar reducir o que poida vir, que se hai xustiza e tal como pasou noutros casos de neglixencias non sería outro que o descenso do clube e unha sanción económica, pero estando por detrás semellantes elementos sabe Deus a fórmula que buscan e que xa teñen planeada. A menos mala para todos sería a liga de 24, pero agora ata está no ar a disputa dos “Play-Off”, dados os contaxiados no Zaragoza, (que xa pide o ascenso por quedar terceiros, algo que non contempla a lei do deporte), ou no Almería, o que fala mal dos protocolos da Liga.
A Xunta e a Fiscalía tamén veñen detrás
A Xunta de Galicia pechaou o expediente informativo e decidíu iniciar un procedemento sancionador contra LaLiga e o Fuenlabrada por incumprimento dos protocolos sanitarios, segundo anunciou este mediodía Alberto Núñez Feijóo.
Ademáis tamén está aberto o proceso pola Fiscalía da Coruña por mor da demanda presentada polo propio concello coruñés.
A LFP saca un comunicado contra a Xunta
Na continuación, (máis capítulos cos Simpson), a LFP sacou un vergoñento e ameazante comunicado contra a Xunta de Galicia, Núñez Feijoo e inmiscuindo o RC Deportivo. Unha metedura de pata máis dun Tebas que xa destapou o que é e que de segur que traerá cola.
PD . Non reproducimos o comunicado por non darlle audiencia e por patético.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.