NA 1ª GALICIA O BAIO DERROTA O CORME, E PROMOCIONARÁ…NA PREFERENTE O FISTERRA VENCE E TEN NA MAN A PROMOCIÓN, QUE O PAIOSACO XA CERTIFICOU.

MC, (centro), celebra cos compañeiros no vestiario.

 

1ª Galicia Grupo 2B

CD Baio 1-0 Corme CF

Un tanto de Martín MC aos 78 minutos deulle ao CD Baio a vitoria ante un Corme CF que mellorou moito nas derradeiras xornadas e que lle puxo as cousas moi difíciles aos baieses que xogarán a promoción de ascenso a Preferente Norte. O vindeiro Domingo 13 de Marzal os de Baio despiden a liga regular ca visita no “Eleuterio Balayo” ao Volantes de Baño FC dende ás 16:30 horas.

A outra praza de promoción, estará en xogo antre o SD Tordoia, (3º), con 31 puntos, e o CF Mazaricos, cos mesmos puntos cos tordoieses, pero fora do pase ao “Play-off” por golaveraxe. Os de Tordoia reciben nos “Gorcullos” ao CD Belvís dende ás 16:30 horas do vindeiro Domingo, e os de Mazaricos visitan ao Ponteceso SD tamén o Domingo, a mesma hora no “Pinguel”.

 

Preferente Norte Grupo 1A

UD Paiosaco 7-0 Agrupación Estudiantil

Repaso do equipo de Peisaco nunha segunda metade na que foron un furacán para a meta visitante. A primeira metade acabou cun 1-0, con gol de Miguel, (22´), que para nada facía presaxiar semellante goleada. Iván Torre, Crístian, (3), Alejandro, e Álvaro, marcaron os goles da segunda metade. Esta vitoria dos de Peisaco, deixa practicamente selado o pase a promoción, con duas xornadas por xogar para finalizar a 1ª fase deste torneo.

Os peisaqueses visitan na 21ª xornada de liga, o Domingo 13 de Marzal ao SD Dubra no Juan Baleato a partires das 17:00 horas.

 

SD Fisterra 3-1 SD O Pino

Vitoria que poñe aos fisterráns en promoción e dependendo deles mesmos nas 2 xornadas que restan de campionato, para acadar este posto. Un penalti marcado por Capelo aos 4 minutos de xogo dáballes aos fisterráns a ventaxe pola mínima ca que se chegaba ata o descanso. Xa na segunda metade Víctor facía o segundo dos “verdiños”, na primiera xogada do reinicio, (47´). A ledicia duraba pouco, pois 2 minutos despois do gol fisterrán, chegaba un tanto en propia porta de Breixo, que metía de novo no encontro aos visitantes. Non foi ata o 75, cando marcaba Aarón Fernández, cando o choque se decantaba de pleno para os do Arasolis.

Os fisterráns reciben na 21ª xornada de liga, o Domingo 13 de Marzal ao Boimorto CF no Arasolis a partires das 17:00 horas, coa arbitraxe de Rubén Calviño Pensado.

 

-Foto : CD Baio Instagram

-Texto : piratasdemuxia