O Doctor Toba no banquiño do RC Deportivo.
Eduardo José Toba Muiño, (Muxía 15/03/1923-A Coruña, 03/08/2001), foi unha das persoas máis célebres que deu o fútbol en Galicia polos seus logros a nivel galego, español e internacional, chamado por moitos o “Pai da preparación física no deporte”, xa que foi o pioneiro en España da aplicación da preparación física nos deportistas, e pode dicirse que foi o primeiro preparador físico en España. Pero esa é só unha pequena cousa do que fixo, a pesares da sua importanza ata os nosos días, nos que a preparación física é clave no éxito dos equipos de calquer deporte.
O “Doctor Toba”, como era coñecido en Muxía, e nome co que se adicou a Avenida que vai desde o Coido ata o Campo Municipal da “Arliña”, percorrendo unha parte da zona oeste da península muxiana. Era unha persoa amable que nunca se esquecía dos amigos e en cada visita o pobo para pasar as suas vacacións non deixaba de ir de viños cos seus amigos a Taberna de Curras, a do Bar Viseu, ou a do Bellaco, por citar tres das desaparecidas. Decía meu pai, e os vellos do lugar, que cada vez que ía alguén de Muxía a sua consulta de medicina na Coruña, él saía a fora a saudalos e “éramos os primeiros que atendía”. Casado cunha moza madrileña, á que coñeceu na súa época de estudante na capital de España, tivo 11 fillos.
O Doctor Toba ca selección española.
Foi un orgullo para Muxía e para Galicia cando como seleccionador da Selección Olímpica Española derrotaba a Inglaterra para deixala fora das Olimpiadas e darlle o paso as mesmas o equipo español, (1957), e o ano seguinte pasar a ser Seleccionador da Selección Española Absoluta. Nese tempo nas suas visitas a Muxía dirixeu en máis de unha vez o Mugía CF, (actual CF Muxía), co que aportou a acadar a Liga da Costa e a meterse nunha final da Copa da Costa que perdeu co Xallas FC, tras xogarse 3 encontros. Contaban que tras empatar os dous primeiros encontros, (0-0 e 1-1), no terceiro tocáballes un colexiado ao que durante a liga lle prometeran percebes e despois non llos deron e pagoullas no encontro final que gañarían os xalleiros 2-1, cunha enorme polémica de penaltis, goles anulados…
O Doctor Toba no seu periplo de atletismo.
Tamén acadou o éxito no atletismo, nos seus anos de estudante foi campión de España universitario de triplo salto en 1946 e subcampión de 110 metros vallas. A nivel galego bateu o record de salto no 1948 cunha marca de 6´41 m, e a de 110 metros valla con 16´50 segundos, superando esta marca e deixándoa en 16´30 segundos, uns días despois, e no 1951 volveu a batir a sua propia marca, que seguía sendo a mellor galega, deixándoa en 15´6 segundos.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo da sua vida e do moitísimo que acadou o “Doctor Toba”, no fútbol, galego, español, (Seleccións, Primeira e Segunda), e que adestrou ademáis de a nivel internacional, (tamén foi seleccionador de Costa Rica ca que gañou a Copa de Centroamérica e co equipo costarricense CS Herediano gañou a liga e copa do país centroamericano).
Empezou a estudar Farmacia na Universidade de Santiago, pero abandonou a carreira no segundo ano para pasarse á de Medicina. En 1945 trasladouse a Madrid, en cuxa facultade terminaría a carreira e licenciaríase en 1949. Especializouse en Traumatoloxía, Ortopedia e Rehabilitación. No campo dos deportes a súa actividade tamén se desenvolveu en distintos ámbitos. Foi profesor de Educación Física e adestrador nacional de fútbol, título que obtivo en 1951. Pioneiro en España, adestrou ao Fabril, (1952/53), e Deportivo nas tempadas 54-55 en Primeira División, quedando 7º, e no 58-59, (en Segunda,). Foi preparador físico noutras etapas da súa vida. Neste último apartado foi pioneiro en España na aplicación de novas técnicas ao fútbol.
O seu labor de técnico non se limitou a Galicia. Pasou polos bancos de Oviedo, (en duas ocasións), Tenerife, Murcia, Córdoba, Hérculese, entre outros equipos españois. En Costa Rica, país no que ocupou o cargo de seleccionador nacional, dirixiu ao Sport Herediano. Como seleccionador da Seleción Olímpica de España clasificou o combinado español para os Xogos Olímpicos de México 1968, pero o punto álxido da carreira profesional do Doctor Toba chegou tras este éxito, cando foi nomeado seleccionador nacional español, substituíndo o catalán Domingo Balmanya. Cesou en 1969, ao non conseguir clasificar a España para o mundial de México, tras perder contra Bélxica por 2-1, en Gante, nun partido que “foi unha auténtica encerrona”, como recollen os xornais da época, e que non esquecen os muxiáns que o viron : “foi un roubo descarado desde o incio”, decía meu pai.
Foi director da Escola Nacional de Adestradores de Fútbol e presidente do Colexio Nacional de Adestradores, tamén recibiu o título de adestrador de honra. Profesor do INEF en Madrid, tamén fixo de preparador físico do Bosco coruñés de baloncesto. Escribiu numerosos traballos para publicacións médicas e deportivas e foi autor do libro «A preparación física no fútbol» (en colaboración con Carlos Martínez e Augusto Pila), ademais dunhas memorias profesionais, publicadas en 1998, onde, a modo de decálogo, dá unha serie de consellos aos adestradores baseándose na súa experiencia.
Como médico e gran devoto da Nosa Señora da Barca fixo artigos sobre a máxia das pedras da Barca e de lugares tan emblemáticos coma a Sala do Perello e o Baño da pel, (a escasos metros do templo), con poder curativo sobre os enfermos da pel, en especial os leprosos que se lavaban nela, antes de visitar a Virxe milagreira pedindo a sua curación.
-Fotos : Xurxo Lobato/Gonzalez/Wikipedia
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Datos : Xurxo Fernández/Wikipedia/Xosé Búa “Pirata”