MUXÍA UN POBO PARA CAMIÑALO E COMELO COMEZA UNHA MULTITUDINARIA SEMANA SANTA COS ACTOS RELIXIOSOS E CA FESTA DO CONGRO E A FESTA DO MEXILLÓNS E DIVERSOS ACTOS FESTIVOS.

Muxía conta ca segunda marina deportivo galega con máis visitas do 2022.

 

Muxía está preparada para os milleiros de visitantes que terá nestes días da Semana Santa na que ademáis dos actos relixiosos no Santuario da Barca, templo máis visitado do culto Mariano en Galicia, e un dos puntos máis visitados do noso país. Haberá ademáis na zona do porto actos festivos para o divertimento de propios e extranos.

Mañán venres terá lugar a 25ª Festa do Congro, na que na lonxa e a un prezo moi asequible, os amantes deste peixe, e os que nunca o prbaron poderán degustalo en empanada, a prancha, en salpicón, e noutras maneiras de consumir este exquisito peixe, que vai unido a economía anterga do noso pobo e da Costa da Morte. En Muxía quedan os derradeiros secadeiros de congro do mundo. Un que está en funcionamento e o outro co seu futuro no ar, debido a “xilipolleces” da Xunta.

Os numerosos secadoiros de congro que houbo na vila muxiana, eran os que lle compraban o peixe aos barcos muxiáns, e da costa do noso país, e ademáis contrataban xente para o lavado e lañado, así como para as tareas de secado nas cabrias. É este o principal produto do famoso prato aragonés, “Congro a bilbilitana”. Fai máis de 400 anos xa xentes de Calatayud levaban de Mxía congro curado o sol e o vento, e eles traían cordas de cáñamo para os barcos, e facendo con elas o trueque. 

A degustación do congro comezará ás 13:00 horas e estará amenizada polo grupo de gaitas 2Xaramiños do Corpiño”, para logo no terraceo haber unha sesión vermút a cargo da Discoteca Movil CDC. Xa pola tarde no Cabo da Vila a partires das 16:00 horas terá lugar a actuación de Mimá Track, e pola noite verbena co grupo Los Coleguitas e a Disco Movil CDC. Ademáis no porto instaláronse atraccións para os nenos e nenas.

Sábado turno do mexillón

O sábado terá lugar na zona do porto a Festa do Mexillón, a partires das 13:00 horas, para logo ter unha sesión vermút e verbena a cargo do Dúo Charada. Será tamén a un prezo moi asequible a degustación do mexillón. A enseada de Merexo, (Muxía), é unha das principais criadoras de mexillón da zona norte. Un sistema experimental por boias con cordas que está a dar un bo rendemento e unha gran calidade debido a riqueza do en plancton das nosas augas, que se renova debido aos temporais, o que fai que os mariscos e peixes das nosas costas teñan unha alta calidade recoñecida en todo o mundo.

Un pobo para camiñalo e comelo

A chegada do Parador de Lourido, sitio que se debe visitar, e que foi actualmente recoñecido por National Geographic, como o hotel con entorno natural, mellor de España, trouxo unn boom turístico e convirteu Muxía, que era un pobo que vivía do mar, nun pobo turístico. A hostalaría de restauración e pernocta creceu un 1000%, en cantidade e en calidade. Son moitos os bares e restaurantes nos que degustar os nosos produtos do mar e da terra, e así mesmo, hoteis, fondas, e pisos e apartamentos turísticos, así como numerosas e excelentes casa de turismo rural, cabanas e cabanas nos árbres

Son moitos os que hai e a calidade é excelente. Locais para comer a corpo de rei, para tapeteo, viños e copas. Muxía é un pobo para disfrutalo camiñando, cos seus fermosos paseos. Conta co maior paseo da Costa da Morte, un paseo que comeza na Praia da Cruz, bordea toda a península muxiana ata a Barca, segue bordeándoa ola parte oeste da mesma, e vai polo Coído ata a Praia de Lourido. Son moitos kms para andar e disfrutar da paisaxe.

Muxía tamén é un pobo para comelo, pois está de moda vir xantar e cear o pobo en calquer época do ano, con elaboracións da nosa terra e imnovacións con produtos como o Angus, Guaiyu, rabo de toro, e diversas elaboracións máis.

No pobo muxián remata a prolongación do Camiño de Santiago, onde a lenda di que a Virxe María apareceuselle o apóstolo nunha Barca de pedra, cando estaba peregrinando por esta zona. Tamén remata a Vía Mariana, que une a localidade portuguesa de Braga e o Santuario da Barca, con centro en Santiago, vertebrando Galicia nun camiño que ten moitos séculos. Dos tempos de Xelmirez. Ademáis pasa o camiño dos faros, con dous obrigatorios, o da Barca, (que en realidade é unha enfilación), e o de Touriñán, derradeiro punto o oeste da Europa Continental, e o derradeiro que ve a luz solar en varios meses do ano.

O porto deportivo muxián foi este pasado ano o segundo Marina Deportiva de Galicia, con máis tránsito de barcos, cun montante próximo o milleiro de barcos, i é punto estratéxico na venta e traslado de barcos fabricados na Francia, e norte de Europa, e con dirección a portos do Atlántico, (a ambos caróns),e do Mediterraneo. polo tanto Muxía é “Punto de encontro” de moitas ramas de visitantes.

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”.