Muxía será recoñecida como a localidade máis acolledora de España nos premios Traveller Review Awards 2024, que se entregarán en Xixón.

Muxía dende o mirador do Monte Facho.

 

Muxía será recoñecida como a localidade
máis acolledora de España nos premios
Traveller Review Awards 2024

● Estes galardóns, outorgados por Booking.com a nivel mundial desde 2021,
recoñecen o labor e a calidade dos servizos turísticos prestados durante o
ano, en base a valoracións verificadas de máis de 220 países.
● O alcalde de Muxía, Iago Toba, recollerá esta condecoración na gala de
premios organizada o vindeiro 25 de abril en Gijón.

O Concello de Muxía será condecorado como a localidade máis
acolledora de España e a mellor valorada polo turistas nos premios Traveller Review
Awards 2024, que organiza o buscador de viaxes Booking.com.

Estes galardóns, outorgados a nivel mundial desde o ano 2012, pretenden recoñecer
o labor e a calidade dos servizos turísticos en base ás valoracións verificadas da súa
comunidade de viaxeiros, procedentes de máis de 220 países e territorios. Esta
edición contou coas recensións de máis de 309 millóns de usuarios e usuarias da
plataforma.

 

O rexidor muxián, (der.) co ministro de turismo.

 

O alcalde, Iago Toba, será o encargado de representar ao municipio muxián e recoller
este recoñecemento para o turismo da vila, na gala que se celebrará o vindeiro 25
de abril en Gijón.

Esta distinción recoñece o labor das empresas e persoas que participan na cadea do
turismo da nosa localidade, así como do Concello, no seu compromiso por ofrecer a
mellor experiencia para que as persoas que visitan Muxía poidan descubrir a beleza,
cultura e tradicións do municipio.

O rexedor sinalou que “este premio é unha confirmación do éxito da campaña Muxía
Bonita, ademais dun recoñecemento do magnífico traballo realizado polos
profesionais do turismo e a hostalería do noso municipio” e afirmou que “Muxía é un
gran enclave turístico e paisaxístico e este recoñecemento pon en valor unha
realidade coñecida por todos nós, contribuíndo a que cada vez máis persoas queiran
achegarse a coñecernos”.

“Esta distinción internacional premia o traballo e o esforzo que se realiza desde o
Concello para ofrecer a mellor experiencia posible ás persoas visitantes e será unha
verdadeira honra poder recoller este premio en representación de todos os muxiáns
e muxianas”, rematou.

-Foto : Google Images

-Texto : Prensa Concello de Muxía