Muxía será o punto de partida e de chegada das rutas dos ‘Naufraxios no Camiño do Fin da Terra’.

 

 

Os itinerarios presentáronse esta mañá na punta da Barca.

Muxía será o punto de partida e de chegada dos diferentes itinerarios encadrados dentro do proxecto ‘Naufraxios no Camiño do Fin da Terra’ que se presentaron esta mañá na punta da Barca.

Trátase dunha serie de actividades para dar a coñecer a cultura inmaterial da Costa da Morte a través das historias dos naufraxios, que forman parte do imaxinario colectivo da comarca.

Empregando como ferramenta o teatro (21:30 horas todas as funcións), o calendario queda configurado do seguinte xeito:

  • 18 de setembro: Praia do Ézaro, Dumbría.

  • 19 de setembro: Praia de Quenxe, Corcubión.

  • 25 de setembro: Praia de Gures, Cee.

  • 26 de setembro: Praia Langosteira, Fisterra.

As visitas guiadas terán lugar os días 1,2 e 3 de outubro, con punto de saída e chegada o Santuario da Virxe da Barca. Será un percorrido lineal na que as persoas participantes poderán gozar dos principais puntos da ría de Muxía e Camariñas cun guía especializado e con paradas en Faro Vilán, no Cemiterio dos Ingleses, en Arou e Camelle. A hora de saída será as 9:00 horas e a de chegada, as 13:00 horas aproximadamente. Xa se poden mercar as entradas en www.naufraxios.com.

O alcalde, Iago Toba, congratulouse de que “unha iniciativa deste calado, cultural, social e patrimonialmente tan imporante como esta, teña como punto de partida e chegada a nosa Barca, enclave moi importante para entender os naufraxios na Costa da Morte”, asegurou.

-Texto e Foto : Comunicación Concello de Muxía