MUXÍA RECIBE CADA DÍA CENTOS DE VISITANTES CO AUMENTO DO AUXE DO “ANO XUBILAR”.

Grupo de Cáritas Diocesanas este pasado sábado.

Muxía convirteuse desde fai uns anos en destiño turístico para xentes chegadas de todo o mundo, a amalgama de nacionalidades que trae consigo o Camiño de Santiago unise a Vía Mariana que transcurre de Braga, (Portugal) ata Muxía e o Camiño dos Faros do que duas etapas pasan polo territorio muxián, o porto Deportivo que creceu de maneira exponencial en amarre de embarcacións de todo o mundo, e que ata conta con apartamento flotante desde este ano, e como non o Parador de Turismo de Lourido que deu un salto en calidade enorme a outra clase de turismo e que levou consigo o crecemento de infraestructuras turísticas con hoteis, fondas, apartamentos turísticos e o que arrastran consigo e tamén afectou a renovación da hostalería culinaria con restaurantes e ata bares que dan un nivel estupendo.

Cada día son moitos os visitantes que chegan o pobo e en especial a Punta da Barca e o Santuario. Empresas de autobuses teñen como destiño Muxía, nalgúns casos con un autobús diario, outros cun par de autobuses o día pola semana e varios máis na fin de semana, así coma os de viaxes orgañizadas esporádicas, pero este ano temos que sumarlle algo moi importante, que o Santuario da Nosa Señora da Barca é un dos 4 elixidos en Galicia para gañar o xubileo neste “Ano Xubilar”, (Catedral de Santiago, Santuario da Nosa Señora da Barca, Nosa Señora dos Miragres de Amil en Moraña, e o de Nosa Señora de Pastoriza en Arteixo), o que acrecenta en moito a chegada de autobuses que chegan con ese fin sexa porque acabaron o Camiño en Santiago e veñen o templo muxián ou ben que xa son viaxes multitudinarias que veñen expresamente a gañar o xubileo e con misas concertadas para as comunidades ou asociacións que chegan.

Os camiñantes chegan ademáis de andando en diferentes medios de locomoción, (bicis, motos, turismos, cabalos, etc…).

Xubileo de nenos do Colexio Fomento Montespiño.

Moitos pasan pola Barca sen parar no pobo ou de maneira curta para tomar algo, pasear ou disfrutar da oferta gastronómica, e outros aproveitan para pasar a fin de semana.

Destacar na chegada de peregrinos dos que hai unha amalgama de exrtanxeiros de diversas partes do mundo pero cun crecemento considerable de peregrinos asiaticos, en especial de Corea do Sur. Ademáis do relixioso esto parece ser motivado ao consello dun famoso Youtuber coreano que recomenda Muxía como primordial na visita a Galicia polos seus compatriotas.

-Fotos grupos : FaceBook Santuario da Barca

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies