MUXÍA PREPÁRASE PARA 3 DÍAS HISTÓRICOS CA VOLTA DAS RUTAS DO MAR E O 75º ANIVERSARIO DA CORONACIÓN DA VIRXE DA BARCA.

No 1997 tivo lugar o 50º aniversario.

 

Muxía prepárase para un fin de semana e o luns, cheos de actos, gastronomía, teatro na rúa, conta contos, etc…na volta do “Mercado das Rutas do Mar”, (non feira medieval…non ten nada que ver), que chega a sua 14ª edición, e o luns 15 serán os actos relixiosos e festivos do 75º aniversario de que a Nosa Señora da Barca, foi canonizada e coroada como Patrona de Galicia.

A lenda da Virxe da Barca, está datada polos teólogos antre o 570 e 630 D.C., e que relate que Santiago foi asistido por ela o chegar do mar en barca de pedra, foi o principal argumento para que os monxes de Moraime, (S. X-XI), conseguisen a prolongación do camiño ata ela, aproveitando as numerosas peregrinacións que se perdían no tempo.

 

 

Sábado 13 e Domingo 14, volve o Mercado das Rutas do Mar, tras dous anos de parón pola pandemia, unha cita para a que son moitos os que xa teñen reservado hospedaxe dende aquela, e xa sen moito onde durmir. Para os que non o cñecedes, Muxía volve o pasado en forma de gastronomía, vestimentas, e música, así coma multitude de actos lúdicos e festeiros, ao longo do preto de un Km que ocupa o mercado, todo o longo da Rúa Real e a Rúa da Virxe da Barca, así como nas prazas que atravesa. En torno a un cento de postos, na sua maioría de xente do pobo, no que hai un pouco de artesanía, e moito de gastronomía, non podendo repetirse as mesmas viandas, do mar e da terra, en ningún dos postos, e con precios esipulados, asequibles para tódolos bolsillos.

 

Un 15 de Agosto de 1947 foi coroada a Virxe da Barca.

 

O luns 15 terán lugar o 75º aniversario da Coroación Canónica da Nosa Señora da Barca. Xa son poucos os que se lembran cando tivo lugar alá polo 1947, cadno Muxía foi “invadida” por milleiros de devotos chegados de tódalas comarcas da volta, e de toda Galicia, cunha misa multitudinaria, cun alta enriba da Pedra d´abalar, e cos buques da Armada Española na contorna da Punta da Barca, que brindaron 21 salvas, cos seus canóns. Dende ese día na Romaría da Barca, (Setembro), cada mañán lánzanse 21 bombas de palenque, na honra da Virxe e en lembranza dese día.

No 1997 tivo lugar as 2Vodas de prata” da coroación, e daquela, foron os barcos de Muxía os que fixeron honra a Virxe dende a Punta da Barca, acompañando a procesión que ía por terra ata o porto, onde se celebrou a misa. Foi un día inesquecible e vivido por milleiros de persoas.

Desta volta xa con 75 anos pasados, o luns 15 de Agosot, haberá unha misa no exterior do Santuario da Nosa Señora da Barca, para logo haber unha procesión dende o propio templo ata o porto, (coma o Domingo da Barca), onde a Virxe será depositada nun altar, para recibir a bendición, e dar abendición a tódolos presentes.

Pola tarde ás 20:30 horas será presentado a carón do Santuario o cartel da Coroación, así coma o cartel da Romería da Barca deste 2022, e darase a coñecer o pregoeiro da mesma.

No apartado festeiro, haberá sesión Vermút, e verbena co grupo Puzzle. 

Polo tanto e xa cunha enorme multitude de turistas que pasan as suas vacacións no pobo, os peregrinos que veñen a rematar o camiño na prolongación do Camiño ata Muxía, os ds Rua Mariana, que ven dende Portugal, e os que nos visitan por mar, ou estrada, terán 3 días que se aventuran multitudinarios e inesquecibles.

-Fotos: piratasdemuxia

-Foto altar : Ramón Caamaño