MUXÍA LEVA A FITUR A TRADICIÓN DO CONGRO “MUXÍA A MÁXIA DO CONGRO”, UN PRODUTO HISTÓRICO QUE NOS QUEREN QUITAR.

Presentación da campaña en FITUR por parte do alcalde muxián.

 

Non fai moito poñíamos o noso gran de area na reivindicación do congro curado o sol e o vento, de Muxía. Un produto único no mundo con máis de 4 séculos de historia, e que foi direta ou indiretamente fonte de economía, para moitos dos pobos costeiros da Costa da Morte. Viñeron catro “chupatintas” e tiraron cun proceso de máis de 400 anos de historia, na sua elaboración e comercio, en especial con terras aragonesas, e sacáronse uns informes dictatorial para prohibir a sua elaboración artesanal. Un detalle que podería tirar con cáseque tóodlos productos elaborados de maneira natural, e que conteñen moitos aspectos perxudiciais, ca gran cantidade de alimentos manufacturados, con unha chea de produtos cancerixenos, e doutro tipo.

Un acerto que o Concello de Muxía, leve este producto como seña de identidade a unha feira tan importante coma FITUR.

Muxía leva a súa tradición a FITUR a través da
campaña ‘Muxía, a maxia do congro’
● O Concello muxián presentou hoxe na Feira Internacional de Turismo de
Madrid a súa campaña de promoción e reivindicación deste produto do
mar con tanta historia no municipio.

● Este plan promovido polo concello consiste no acordo cos dous únicos
secadoiros de congro que existen no mundo.

● “Hoxe poñemos no mapa mundial unha das nosas sinais de identidade tan
arraigada á nosa cultura e forma de vida”, destacou Toba que lembrou “os
ataques aos que se viu sometido este oficio nos últimos tempos”.

Muxía, 19 de xaneiro de 2023 – O Concello de Muxía presentou hoxe en FITUR a súa
campaña ‘Muxía, a maxia do congro’, unha iniciativa que pretende poñer en valor nun
escaparate internacional un produto que é un dos sinais de identidade da vila muxiá,
tanto turística como cultural e histórica.

“Muxía, a maxia do congro” é unha campaña promovida polo Concello que consiste
no acordo cos dous únicos secadoiros de congro que existen no mundo, e coa que se
pretende seguir difundindo a historia e tradición de Muxía a través do secado de
congro.
Este ano, ademais, a decisión de traer a FITUR 2023 esta temática é a parte
reivindicativa, debido aos ataques aos que se viu sometido este oficio nos últimos
tempos. “Lonxe de deixar no esquecemento esta arte centenaria, o que se pretende
por parte deste Goberno Local é darlle un novo impulso cunha proposta de
conservación e de posta en valor”, destacou Toba.

“Hoxe poñemos no mapa mundial unha das nosas sinais de identidade tan arraigada
á nosa cultura e forma de vida”, destacou Toba que lembrou “os ataques inxustos
aos que se viu sometido este oficio nos últimos tempos”.

Promoción e posta en valor do oficio e do produto
Neste acordo, o Concello promocionará o oficio con demostracións periódicas
gratuítas para as persoas visitantes e para a veciñanza facendo que os propios
secadoiros se convertan nun centro de difusión do secado deste peixe e da historia.

Na presentación, Toba incidiu en que “‘Muxía, a maxia do congro’, é unha maneira
non só de poñer en valor o noso municipio como destino senón tamén como
recoñecemento a toda a veciñanza que hoxe teño a sorte de representar e que son
a mellor mostra da historia e tradición da nosa vila”.

“Tamén queremos defender a nosa cultura e ensinar aos visitantes e aos mais novos
as nosas raíces que non podemos deixar morrer”, destacou Toba que aproveitou para
agradecer “a gran acollida desta campaña e o apoio recibido por parte de referentes
de moitos e diversos ámbitos” e amosou o orgullo “inmenso de representar a este
magnifico pobo e ás súas xentes nun evento único a nivel internacional”.
Reunións e actos con Muxía como protagonista

O alcalde Muxía, Iago Toba, presentou nun dos stands máis importantes da Feria
Internacional, o de Turespaña, e ante personalidades institucionais e profesionais do
sector turístico esta campaña sobre o congro e o mundo do mar.

Ademais, o rexedor viviu unha xornada completa con varias reunións e actos nos que
Muxía foi a protagonista: presentación do destino Starlight do que forma parte o
municipio muxiá; a asociación de municipios do camiño de Santiago a Fisterra e
Muxía; o Xeodestino Costa da Morte; presentación xunto con Turismo de Galicia do
do acto “Alén do Solpor, el último atardecer de Europa Continental”; e actos no stand
de Paradores, onde quedou reflexado que o aloxamento da vila da Barca está no top
3 entre os mellor valorados de todo o pais.

-Foto e Texto : Prensa Concello de Muxía/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies