MUXÍA-FISTERRA UNHA DAS SEMIFINAIS DA “LVII COPA DA COSTA…NA OUTRA O CASTRIZ ESPERA RIVAL.

 

Namentras que Muxía CF, SD Fisterra e Castriz, facían os deberes ao derrotar os muxiáns, con autoridade ao Outes FC, (5-0), os xalleiros, dando a sorpresa ante o San Lorenzo, (0-2), e os fisterráns, derrotando a “medio gas” ao Volantes, (0-2), o outro encontro, que decidía o rival dos de San Pedro de Castriz, e que enfrontaba ao UD Monte Louro e o SCDR Esteirana, era suspendido tras un aparatoso choque antre Pablo Vidal, (Monte Louro) e Codesido, (Esteirana), que daba un grande susto ao quedar os dous no verde conmocionados e sangrandos pola testa de maneira perigosa. Chamadas as iurxencias sanitarias, foron levados ao hospital. Ante a dureza do golpe, ata foi mandado un helicóptero ao Agra de Filgueira. O primeiro xa foi dado de alta e o segundo quedou en observación.

 

-Cuartos de Final-

UD Monte Louro-SCDR Esteirana

-Suspendido-

Día : 19/06

Hora : 17:00

Campo : Agra de Filgueira, (Louro)

Árbitro : Amine Alaoui Soulimani

 

SD San Lorenzo 0-2 SD Castriz

Día : 19/06

Hora : 17:00

Campo : As Pedreiras, (Verdillo)

Árbitro : Luis M. Insua Lago

Encontro que acabou na sua primeira metade con empate a ceros, para que a hora de xogo Iván Pastoriza puxese por diante aos xalleiros, que pouco despois no 77 por medio de Iván Facal, matasen o encontro e colarse nunhas semifinais nas que terán que esperar rival trala suspensión do Monte Louro-Esteirana.

 

Volantes de Baño FC 0-2 SD Fisterra

Día : 19/06

Hora : 19:30

Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro)

Árbitro : Sergio Miguens Santiago.

Púxoselle moi de cara o encontro aos fisterráns que se adiantaban aos 2 minutos de xogo cun tanto de Adrián “Makaay”, que faría o segundo pasada a media hora de xogo, (38´), para poñer aos fisterráns nas semifinais, nas que se atoparán despois de moitos anos co Muxía.

 

Muxía CF 5-0 Outes FC

Día : 19/06

Hora : 18:30

Campo : A Arliña, (Muxía)

Árbitro : David Castreje Ferrío

Encontro controlado en todo intre polos muxiáns que xa superan a vintena de encontros consecutivos sen perder e que se adiantaban por medio de Maikel, aos 24 minutos de xogo, o propio Maikel facía o segundo pasada a media hora de xogo, (38´), e o terceiro pasada a hora de xogo, (62´). Manu Nogueira no 72´facía o cuartop e Mauro no 80 completaba a “manciña”, para poñer despois de moitos anos aos muxiáns en semifinais, e cun atractivo Fisterra en fronte, despois de moitos anos sen verse as caras en encontro oficial, nesta categoría.

 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia