Muxía ficha á Asociación de Percebeiros da Barca, para poñer en valor toda a riqueza da súa costa

Santi Pérez, (esq) e Iago Toba na entrega do “maillot”.

 

● O alcalde, Iago Toba, fixo entrega do maillot acibeche a Santiago Pérez,
representante da Asociación de Percebeiros da Barca.

● Os percebeiros de Muxía comezarán desenvolver este verán unha acción
para poñer en valor toda a riqueza natural, pesqueira, turística e
ambiental da costa muxiana

● O rexedor destacou “a importancia para o pobo de Muxía que a Asociación
de Percebeiros da Barca leve o nome da nosa vila por todo o mundo e faga
que nos sintamos, se cabe, aínda máis orgullosos do noso patrimonio e
riqueza natural”.

 O Concello de Muxía ficha á Asociación de Percebeiros
da Barca para poñer en valor a riqueza e os valores das súas costas.
Deste xeito, os percebeiros de Muxía, grazas ao apoio do Concello, do Grupo de
Acción Local do Sector Pesqueiro da Costa da Morte, da Consellería de Pesca e da
Unión Europea, comezarán a desenvolver este verán unha acción que servirá para
poñer en valor toda a riqueza natural, pesqueira, turística e ambiental da costa
muxiana.
No acto, o alcalde de Muxía, Iago Toba, fixo entrega dun maillot simbólico a Santiago
Pérez Haz, representante da Asociación de Percebeiros da Barca.
Tras recibir o obsequio, Santiago Pérez preguntou “coñecedes o ouro atlántico? Pois
estade atentos que moi pronto coñeceredes todas as súas bondades e as súas
vantaxes”.
Toba tamén quixo aproveitar as vísperas da celebración da proba do Gran Fondo do
Ézaro 2021, que pasará o domingo pola Vila da Barca, para anunciar o lanzamento
dunha gran iniciativa que anunciará nas vindeiras datas.
O rexedor destacou “a importancia para o pobo de Muxía que a Asociación de
Percebeiros da Barca leve o nome da nosa vila por todo o mundo e faga que nos
sintamos, se cabe, aínda máis orgullosos do noso patrimonio e riqueza natural”.

-Foto e Texto : Departamento de prensa do Concello de Muxía