MUXÍA ESCALA ESTRATÉXICA NO TRANSPORTE DE VELEIROS E IATES NOVOS CARA PORTOS DO ATLÁNTICO E O MEDITERRANEO.

Dous catamaráns chegados de La Rochelle con destino as illas gregas.

 

O porto deportivo muxián, 2Marina Muxía”, que o ano pasado quedou segundo de Galicia en tránsito de veleiros e iates, con máis de 800 amarres, ten un tránito contínuo de veleiros e iates construidos en francia, na sua maioría nos astaleiros de La Rochelle e que son transportados por patróns profesionais a portos de Portugal, Madeira, Canarias, e ata diversos destinos da costa de Africa, así coma para todo o Mediterraneo, e portos das Ameircas, tanto do Caribe, coma do Sur e do Norte.

 

 

Unha grande parte destes barcos son catamaráns e teñen o porto deportivo muxián como escala estratéxica, dado que teñen unha ruta lineal de 400 millas, no caso dos que chegan de La Rochelle, e en especial cando o vento sopra do nordés. Logo dende Cabo Touriñán, a costa xira hacia a baixo, o que lles facilita a navegación para logo coller rumbo os portos de destino onde está o comprador. Din os mariñeiros das Rias Baixas que Muxía é , “onde dobla o vento”, polo feito que cambia totalmente a navegación o montar Cabo Touriñán, o punto máis occidental da Europa Continental.

Os patróns dos barcos ademáis, segundo nos comenta o responsable da “Marina Muxía”, atópanse cas mellores instalacións deportivas de toda a Costa da Morte, noq ue se refire a pantaláns de gran tamaño, e servizos, e ademáis, como nos apunta, son gustosos da gastronomía e a hostalaría en xeral do pobo, así como “o a man que está todo”, lavandarías, farmacia, supermercados, e o entorno paisaxístico do pobo. Polo que elixen Muxía, para descansar, repostar combustibles, provisións, etc…e paran varios días antes de emprender ruta o destino o que levan o barco. Esta polo tanto é unha forma máis de turismo que repercute na economía do pobo.

Piden que en Muxía sexa porto de primeira revisión dos motores

Segundo nos comenta o responsable do porto deportivo muxián, Marcos Trillo : “Mesmo agora solicitan primeira revisión de motores desde porto de saída. Xa que cumpren as horas de primeira revisión de motores e aproveitan a parada, e principalmente cando é por causas de mal tempo para ese tema”.

 

O elixxir parou con destiño a Washington

O Elixxir feito en Francia e que se dirixía a Washington, parou varios días no porto muxián este pasado verán, compardo por un magnate amareicano, do que non trascendeu o nome, pola privacidade de datos. Foi o veleiro de un pau de maior tamaño dos que pasaron polo porto deportivo muxián. Estes días amarra no porto un catamarán de gran tamaño o “Vesper”, que vai cara a Italia.

 

 

 

 

O Vesper  de 20´55 metros de eslora e 10 de manga vai vendido para Italia, e ten tripulación de transporte polaca, está hoxe en Muxía onde leva varios días.

 

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos “Elixxir” : Marina Muxía