O alcalde muxián, (centro), co embaxador neerlandes, (esq).
O alcalde de Muxía, Iago Toba, acolleu na vila da Barca a visita do embaixador do país neerlandés, Jan Versteeg, nuha xornada que serviu para fortalecer as relacións turísticas e comerciais entre territorios.
Tivo lugar unha recepción oficial na casa do Concello de Muxía, así como unha visita ao Santuario e as pedras da Barca e o monumento da Ferida.
“É un orgullo que un país referente en Europa como é Holanda poña o foco de atención en Muxía para potenciar o turismo e a comercialización de produtos entre rexións”, destacou Toba.
O embaixador dos Países Baixos en España, Jan Versteeg, realizou onte unha visita a Muxía para falar sobre a comercialización de produtos e potenciación do turismo entre o país neerlandés e a vila da Barca.
A xornada comezou cunha recepción oficial na casa consistorial por parte do rexedor muxián, Iago Toba. Alí tivo lugar o intercambio de obxectos tradicionais no que Versteeg deu entrega dunha peza de porcelana típica de Holanda e Toba, en nome do pobo de Muxía, fixo entrega dunha réplica do Santuario da Barca.
Tras o acto de recibimento, a expedición visitou o monumento da Ferida e o Santuario e as pedras da Barca. Ademais, durante a visita trataron temas de economía, sociedade, cultura, turismo e fixaron unha folla de ruta para entalar relacións turísticas e comerciais a longo prazo entre o país neerlandés e o municipio galego.
Toba e Versteeg tamén tiveron tempo para conversar sobre a poboación de persoas holandesas afincadas en Muxía que, moitos deles tras facer o Camiño de Santiago, quedan prendidos da vila e deciden quedarse a vivir nela.
O alcalde, Iago Toba, amosou “o orgullo de que un país referente en Europa como é Holanda poña o foco de atención en Muxía para potenciar o turismo e a comercialización de produtos entre rexións”.
Na mesa liña, Versteeg destacou o “agradecemento pola gran acollida recibida en Muxía” e celebrou o lazo de unión entre territorios.
-Foto e Texto : Departamento de Prensa Concello de Muxía