MUXÍA E DUMBRÍA XOGARÁN O “MEMORIAL MANOLO ROMANÍ BARRIENTOS” O VINDEIRO 18 DE AGOSTO

Manolo Romaní a dereita de pe, e baixo él de dereita a esquerda,

Luis Romaní, (fillo), Víctor Alcaina, (neto),

o doctor Ignacio Alcaina, (xenro), e Manolo Romaní, (fillo),

durante un Muxía-Malpica da tempada 2010/11 de xuvenís na Arliña.

 

“Memorial Manolo Romaní Barrientos”

O Muxía CF, (Liga da Costa) e o CF Dumbría, (1ª Galicia G2), xogarán o vindeiro Domingo 18 de Agosto o “Memorial Manolo Romanía Barrientos”, no Campo da Arliña dende ás 19:00 horas.

Romaní como era coñecido por todos foi durante moitos anos policia local de Muxía, e un asíduo tanto ao “Campo da Viña”, coma o “Beiramar” e a “Arliña”, os tres campos que tivo o Muxía CF, así coma por outros campos da costa para seguir o fútbol e en especial aos equipos muxiáns, e a outros moitos máis deportes.

Formou parte da diretiva do clube muxián e era pai de varios xogadores míticos da costa coma Manolo Romaní, Luis Romaní e avó de grandes xogadores coma Víctor e Adrián Alcaina, Mauro, Mario Romaní, Albertiño, e a gran xogadora de futsal, Patri Romaní, do Viaxes Amarelle FSF. Tamén era irmán do xogador de fútbol costeiro e fundador do SD Camelle, José Luis Romaní, e por conseguinte tío do ex xogador do Camelle e Soneira, José Luis Romaní Jr. 

Finou un 24 de Xullo do 2013 e ao pouco tempo os seus proxenitores fixéronlle un memorial, e agora repítese, para lembrar a memoria dun dos grandes afeccionados do fútbol costeiro, querido por todos polo seu caracter extrovertido.

Un día para honrar a Romanía e para muxiáns e dumbrieses un adestramento máis para ir limando os equipos de cara o inminente comezo da liga, para ambos o 8 de setembro. Dous equipos con moito en común e nos que xogaron, ou xogan varios dos familiares do honrado.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es