Esta tarde de Domingo 01 de Xuño do 2025 xogábanse as semifinais da “LX Copa da Costa”, nos campos de “O Conchido, (Serra de Outes), no que enfrontaban o Outes FC e o CF Muxía, encontro que remataba con empate a uns, (1-1), nun encontro no que se Aadiantaban os outeses no 28 por medio de Brais, e empataban os muxiáns cun gol no 48 por medio de Víctor Alcaina e tiña que decidirse na lotaría dos penaltis, onde foi mellor o equipo muxián, (3-4), que acadaba o pase a finalísima do 8 de Xuño, na que se enfrontará ao CF Dumbría que derrotaba a domicilio ao SD Castriz, (1-3), nun choque no que se poñían 0-2 antes do cuarto de hora con goles do muxián Lucas Toba, (9´) e Xabier, (14´), acurtaba distanzas o equipo do “San Pedro”, por medio de Fabián, (16´), resultado co que se chegaba ao descanso. Xa na segunda metade foi o fisterrán Diego Estévez o que facía o terceiro do equipo dumbries, para acadar o pase a finalísima da semana que ven.
Outes FC 1-1 CF Muxía
O Muxía accede á final tras un duelo igualado e intenso no Conchido.
O Muxía logrou o pase á final da Copa da Costa tras superar ao Outes nunha semifinal moi reñida, disputada este domingo no Conchido, e que rematou cun empate a un tanto no tempo regulamentario. A clasificación decidiuse na quenda de penaltis, onde os visitantes impuxéronse por 3-4 tralo lanzamento de 8 penaltis.
O encontro arrincou cun ritmo alto e moita intensidade por parte de ambos conxuntos. O Muxía tratou de impoñer o seu xogo combinativo dende o inicio, mentres que o Outes, moi serio tácticamente, defendeu con órde e buscou as súas opcións en transición.
O primeiro gol do encontro chegou para os locais. O Outes adiantouse no marcador cun remate de cabeza tras un bo centro lateral, aproveitando unha das súas poucas ocasións da primeira metade. O tanto reforzou o seu plan de partido, repregando liñas e dificultando a circulación ofensiva do Muxía.
Tras o descanso, o Muxía reaccionou con decisión e logrou empatar nos primeiros compases do segundo tempo. Unha xogada ben trenzada acabou nun disparo axustado que superou ao gardameta local, devolvendo a igualdade ao marcador.
A partir dese momento, o conxunto visitante fíxose co control do xogo e comezou a dominar territorialmente. O tramo final do partido estivo marcado por un claro asedio do Muxía, que acumulou chegadas, centros laterais e presión continua, pero sen acerto no remate final. O Outes, pola súa banda, mantivo a compostura defensiva e soubo sufrir ata o pitido final, sen renunciar a aproveitar algunha contra illada.
O empate levou a semifinal á quenda de penaltis, onde a emoción foi máxima. Finalmente, foi o Muxía quen selou o pase á gran final, celebrando a súa clasificación con merecida alegría tras unha eliminatoria de moita esixencia.
O Outes, que competiu con orgullo e firmeza ante a súa xente, despídese da Copa coa cabeza alta. O Muxía, mentres, prepara xa unha final na que buscará coroarse como campión dunha das edicións máis equilibradas dos últimos anos.
Crónica do noso colaborador, presente no campo, Adrián Liñeiro “Pibe”.
TANDA DE PENALTIS
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Crónica e vídeo : Adrián “Pibe”