Muxía dobra a sua aposta cun segundo apartamento turístico flotante e ponse a vangarda galega.

Son poucos os apartamentos turísticos en Galicia e este ano Muxía que sumou o seu segundo, ubicado no porto deportivo, ponse como segundo de Galicia nesta singular oferta, tras Vigo que conta con 3 e por enriba de A Coruña, Sanxenxo e Ribadeo que suman un, nun tipo especial de pasar as vacacións disfrutando do mar na porta do habitáculo.

Totalmente o abeiro e cunha orientación leste-oeste maximizan a luz e as vistas. Estando amarradas no porto deportivo “Marina Muxía” e mirando cara o dique de abrigo e ao núcleo urbano, reciben o sol da mañá pola banda do dique e van mantendo luminosidade durante todo o día ata a caida sobre o pobo, cunha magnífica vista do mencer e do ocaso sobre a península muxiana.

Este algúns dos atractivos que máis destacan os hóspedes: “Ademáis da comodidade é impresionante o olor a mar, a tranquilidade e as vistas abertas sobre a auga e o pobo, sen edificios diante, ademáis co mar na porta para darse un chapuzón a calquer hora do día e logo poder tomar o sol ou relaxarse na terraza superior, ou na da porta de entrada e ademáis saidno en pouco que andes tes restaurantes, farmacia, supermercados…todo o que ofrece o pobo con espectaculares paseos”, decíanos unha parella do centro de España que pasaron varios días no mes de xuño.

Estes apartamentos minimalistas que se integran perfectamente co porto deportivo que ademáis producen postos de traballo, foron construidos por un asteleiro naval de fibra ubicado en Laxe e que están rexentadas pola empresa “Alma Flotante” e gozan dun interior deseñado con sutileza e contan con todo o necesario coma nun apartamento de terra e ademáis con aire acondicionado, sevizo de auga, electricidade, saneamento, wifi, etc…

As casas flotantes en Galicia aínda son un fenómeno bastante recente, pero a gran experinza que ofrecen da que pensar que van a ir a máis.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”