Setembro está dando os derradeiros coletazos queda atrás a resaca da Barca e da Santiña de Trasufre pero en Muxía seguirá a diversión ata o final, cun concerto tributo a Bob Dylan, así como cas festas de San Miguel, que todo apuntaba a que este ano non se celebrarían pero varios hosteleiros da localidade tomaron o testigo e ca colaboración do Concello levaranse a cabo, tamén se voltará a facer a festa para os nenos no Malecón con hinchables e unha batalla de escuma.
Impro-cabaret titiriteiro en Muxía e no Lago
Os amigos e colaboradores da asociación Horta Creativa que dirixen o Camping Lago-Mar, (O Lago-Muxía), con maestría, son uns dos grandes animadores do arte, a música e a cultura en Muxía e na Costa da Morte, e tras un verán cargado de actos e actividades vanlle dando o remate a este mes de setembro con actividades. Tiñan programado un concerto tributo a Bod Dylan pero foi aprazado.
Na noite do sábado 26 haberá unha sesión de impro-cabaret titiriteiro grazas ao asistentes do Encontro Titiriteiro UNIMA, (Unión Internacional da Marioneta en Galicia) no Camping Lago-Mar. Prometen que será unha noite canto menos divertida. Será a partir das 23:00 horas no camping e antes en Muxía.
A entrada será inversa, o que comunmente se chama “pasar o sombreiro”, segundo che guste o que viches aportas para os músicos.
Festas de San Miguel os dias 26 e 27
Todo apuntaba a que este ano quedaríamos sen o San Miguel, pero ao final si o haberá. Os actos centrais comezarán o sábado 26 de setembro, cunha sesión vermú a cargo do Dúo DeFesta. Pola noite chegará a verbena, con Dúo DeFesta e Disco Móbil Full, seguida da actuación do DJ Expósito, que porá música á noite.
O domingo 27 será unha xornada marcada pola tradición relixiosa, coas tradicionais pasarrúas do grupo de gaitas muxián, Xaramiños do Corpiño e a celebración da misa ás 12:00 horas, no Santuario da Virxe da Barca, seguida da procesión ata o porto acompañado da recentemente creada Cofraría da Nosa Señora da Barca, para logo ir ata a Igrexa Parroquail de Santa María.
Decir que a imaxe do San Miguel que será portada en procesión, foi restaurada non hai moito recuperando a sua policromía orixinal, así coma de problemas na madeira.
A programación continuará pola tarde cunha nova sesión vermú do Dúo Charada.
Festa Infantil
Para pechar a celebración por todo o alto, o domingo tamén estará dedicado aos máis pequenos coa volta da xa exitosa noutras edicións, Festa Infantil no Malecón. Desde as 17:30 ata as 19:00 horas haberá inchables e pintacaras, e a partir das 19:30 horas, a diversión continuará cunha gran Festa da Espuma.
Así, Muxía vivirá dous días de festa nos que a tradición e a diversión volverán darse a man para celebrar o San Miguel 2026, cun programa pensado para que veciños, visitantes e turistas que son moitos co músculo que representa o Camiño de Santiago, a Vía Mariana, o porto deportivo e o Parador de Turismo, desfruten da música, da cultura popular e do ambiente festivo.
–
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto tributo : Prensa Camping Lago-Mar
-Carteis : Hostelería de Muxía/Concello de Muxía
–



