Muxía dedica a Galería Mulleres de marzo á figura da escritora e activista social, Bell Hooks.

Acolle o nome da súa avoa para honrar a herdanza feminina e escríbeo en minúsculas para remarcar que o importante non radica en quen é, senón nas súas palabras.

 É unha das intelectuais máis importantes no feminismo, unha autora de referencia e a súa lectura é obrigada para quen queira achegarse ao feminismo actual.

A escritora, educadora, feminista e activista social,
Bell Hooks será a protagonistada Galería Mulleres de Muxía neste mes de marzo.

O seu nome completo era Gloria Jean Watkins, pero asinaba como bell hooks, nome que toma da súa avoa para honrar a herdanza feminina e escríbeo en minúsculas para remarcar que o importante non radica en quen é, senón nas súas palabras.

É unha forma de cuestionar ao sistema xa desde o seu mesmo nome. Bell estuda a interseccionalidade é dicir, o recoñecemento das diversas realidades discriminatorias, tales como o sexismo, racismo e as clases sociais.

Dedicou boa parte da súa carreira ao feminismo interseccional: explicar que a loita da muller non pode separarse da loita contra o racismo e o capitalismo , xa que as opresións ás mulleres son múltiples e as solucións máis complexas que as que propoñía o feminismo burgués e branco da segunda metade do século XX. Escribe sobre como a loita da muller negra debe ser visible dentro do feminismo.

Naceu nunha época en que as leis racistas aínda imperaban. Empezou moi nena a interesarse pola lectura e a escrita. Foi á Universidade de Stanford, onde se graduou en literatura inglesa, e logo fixo un doutoramento.

Máis de 40 libros e numerosos artigos

Publicou máis de 40 libros e numerosos artigos académicos, apareceu en documentais e participou en conferencias públicas.

Ocupouse da raza, a clase e o xénero na
educación, a arte, a historia, a sexualidade, os medios de comunicación e o feminismo. En 2014, fundou o Instituto bell hooks en Berea, Kentucky, organismo que promove a fin dos sistemas de dominación e opresión.

É unha das intelectuais máis importantes no feminismo, unha autora de referencia e a súa lectura é obrigada para quen queira achegarse ao feminismo actual. Algunhas das súas obras : “Non son eu unha muller?. Mulleres negras e feminismo”, “Todo
sobre o amor”, “Ensinar a transgredir”, “Teoría feminista: das marxes ao centro”, “O desexo de cambiar: homes, masculinidade e amor”, “Afán. Raza, xénero e política cultural” “O feminismo é para todo o mundo”.

-Foto e Texto : Prensa Concello de Muxía