Que a 2ª Galega Feminina G1 non é nada atractiva para os equipos costeiros non é ningunha novidade. A 3ª Galega G2 na que xa se chama por estes lares a Liga da Costa Feminina, conta con 12 dos 15 equipo da costa dos 15 que forman a liga. O Dumbría campión este ano xa acadou o ascenso direto e tiñan que ir a promoción o Ponteceso, Corme, Muxía e Mazaricos. Destes 4 equipos 3 deles xa renunciaron no día de hoxe a xogala, (Muxía, Corme e Mazaricos), e o Bergantiños B, que acabou en 6º posto xa nos confirmaba que ían ir, así coma o Ponteceso, subcampión de liga e que si disputará a promoción, “ainda que non é o obxetivo”.,
Os equipos chegan moi saturados, con moitas lesións que fai que a algúns chegasen o final da liga escasos de efectivos, e todo isto agravado cunha Copa da Costa moi mal diseñada.
Tan rocambolesca é a orgañización das ligas femininas que nin se aclaran quen sube, quen promociona por quedar na 2ª Galega, na que os equipos costeiros vense con desprazamentos longos e ante equipos de A Coruña, Ferrol, Santiago ou Lugo, tendo en conta que os equipos veñan dunha terceira que é “fútbol de iniciación”, pero non se ten en conta a proximidade para nada.
Seguiremos informando e a ver como queda todo esto e quenes xogarán a promoción. Como nos comentaba un dos adestradores da costa : “Esto é unha película”.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”