O alcalde Iago Toba, (esq) e o presidente do Muxía Juan José Busto.
-
-
O alcalde de Muxía, Iago Toba, reuniuse hoxe co presidente do Muxía C.F., Juan José Busto, para supervisar o resultado das obras no campo da Arliña e trasladarlle esta nova subvención nominativa.
-
O goberno local, a través deste apoio económico, pretende “apoiar a esta entidade deportiva que tan bo traballo está a levar a cabo para que poda continuar crecendo e realizando tan magnífico labor para a nosa vila”.
O goberno local do Concello de Muxía consolida o seu apoio ao Muxía C.F. a través do anuncio de hoxe dun novo convenio coa entidade local por valor de máis de 35.000 euros para que o club de fútbol da vila da Barca poda seguir crecendo e mellorando as escolas deportivas de fútbol.
Na mañá de hoxe, o alcalde de Muxía, Iago Toba, acompañado pola concelleira de Cultura e Xuventude, Olalla Benlloch e polo concelleiro de obras, Javier Romar, mantivo unha reunión co presidente do club de fútbol, Juan José Busto, e parte da súa directiva, no que supervisaron o resultado das obras no municipal de Arliña e na que o rexedor trasladou a proposta do goberno local dunha subvención nominativa por valor de máis de 35.000 euros.
Nesta visita ás instalacións deportivas puideron apreciar as melloras levadas a cabo con fondos municipais na zona de gradas e vestiarios, ademais dos traballos de acondicionamento de pintura e ornamentación.
O goberno local, a través deste anuncio, mantén o seu firme apoio polo deporte local e pretende “apoiar a esta entidade deportiva que tan bo traballo está a levar a cabo para que poda continuar crecendo e realizando tan magnifico labor para a nosa vila. Agradecemos tamén a gran xestión da directiva para que este club sexa referencia na Costa da Morte”.
Tras a reunión, Toba tamén agradeceu “o gran labor de todas as persoas que conforman o Muxía C.F. no seu día a día, transmitindo valores e deportividade a moitos rapaces e rapazas da nosa vila que teñen neste gran club un espello no que mirarse e polo que sentirse identificados e identificadas”.
-
-Foto e Texto : Departamento de Prensa Concello de Muxía