Izq a der. : Diego Lobelos, Fabián e Óscar Leis.
Confeccionada a nova diretiva e corpos técnicos do Muxía CF
Onte xa vos adiantábamos as primeiras verbas de Juan José Busto como presidente do Muxía CF, (Liga da Costa), que estaba a confeccionar a diretiva e ainda non tiña pechado o do novo adestrador, ainda que o favorito como xa adiantamos a semana pasada era Diego Lobelos, que volve a facer tamdem con Óscar Leis e que trunfaron no CF Dumbría na base con moitos rapaces muxiáns que hoxe en día xogan no senior do Muxía CF ou que o ano pasado quedaro sen equipo o non contar con eles.
No referente a nova diretiva, Juan José, estaba a ultimar os cargos nos que o único que continua, ademáis de él, é o secretario José Noya.
Así queda a diretiva do clube muxián :
Presidente: Juan José Busto
Vicepresidenta: Irene Alcaina
Secretario: José Noya
Tesoureiro: Fabián Gómez
Vocales: Manuel Martínez
Marina Busto
Kiko Márquez.
ADESTRADORES
Senior: Diego Lobelos e Óscar Leis.
Cadetes:Diego Lobelos
Infantís: Fabián Gómez
Benxamins e prebenxamins: Óscar Leis e Fabián Gómez
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es