Muxía aposta polo Camiño de Santiago e consolídase como protagonista neste doble ano Xacobeo.

 

● Instalarase o ‘Punto Xacobeo’, un espazo de información referente ao
Camiño e que estará situado no punto de información turístico da vila,
que presta servizo todos os días.

● Ampliouse o número de Muxianas dispoñibles que se expedirán, tanto na
oficina de turismo como nos albergues do núcleo, a aqueles peregrinos
que elixan o Santuario da Virxe da Barca como final do seu longo camiñar.
● O Concello tamén colabora na iniciativa da Xunta de Galicia da colocación
de bandeirolas con motivos do Camiño de Santiago por diferentes tramos
do municipio.

● O alcalde, Iago Toba, enfatizou que “Muxía está preparada para recibir
aos camiñantes e turistas nun ano no que se levaron a cabo a apertura de
albergues de calidade e novidosos no Concello”.

 

 

O Concello de Muxía aposta polo Camiño de Santiago
e instalará o ‘Punto Xacobeo’, que consistirá nun espazo onde os peregrinos e turistas
poderán atopar información relacionada co Camiño e coas actividades do Xacobeo.
O stand, situado na oficina de turismo da vila, estará dispoñible a primeiros de agosto
e ata que remate o ano Xacobeo. Tamén, as persoas que o desexen poderán facerse
unha foto de recordo coa simboloxía propia do Camiño e do municipio que estará
exposta.

Ademais, tanto a oficina de turismo como os albergues do núcleo da vila, expedirán
a Muxiana a aqueles peregrinos que elixan o Santuario da Virxe da Barca como final
do seu longo camiñar.

“Temos preparadas un gran número de Muxianas para repartir entre os peregrinos,
ante a previsión do éxito que ten Muxía como marca de calidade e como destino final
do Camiño neste ano”, destacou o alcalde, Iago Toba.

 

Outras das iniciativas nas que participará o Concello será na colocación, que levará a
cabo a Xunta de Galicia, das bandeirolas con motivos do Camiño de Santiago e que
se instalarán en tramos de distintos municipios polo que pasa o percorrido.

Desde xeito, Muxía aposta en firme polo Camiño e por este dobre ano Xacobeo tras
o parón absoluto do pasado ano.

Na mesma liña, Toba remarcou que “Muxía está preparada para recibir aos
camiñantes e turistas nun ano no que se levaron a cabo a apertura de albergues de
calidade e novidosos no Concello”.

-Fotos e Texto : Departamento de Prensa Concello de Muxía