Como cada ano, e xa van 7, os rapaces/zas da Asociación Xuvenil Comarea aunan festa, deporte, ocio e cultura nas suas “Comarea Experience”. Desta volta teñen unha serie de actos dendo o 30 de Agosot ao 1 de Stembro ambos incluido.
Todo comeza o 30 de Agosto e dende ese día durante os 3 días haberá : exhibición de vó de cometas con expertos no tema en plena acción. Taller de iniciación a música electrónica, obradoiro de Rap en galego, taller de baile e charla sobre a biodibersidade das praias de Muxía.
Tamén haberá os concertos de cada ano, pero neste con maior número de músicos e estilos, con : Carl Craig, Rafa Barrios, Fernando Costa, Special Guest, Blanca Ross, Víctor Fernández, Bárbara Lago, López, Eirín, Edgar Carl & Skais, Isma B, Sergio Capelán, Smerz, GlithGirlg, Russinha DJ & Akezie, Wavi Gravies, The Fabulous Resaca Brothers, Mascada, Rapariga DJ, e Mon e Ula, (De Monoulious DOP).
Este ano os concertos serán a carón da Praia da Cruz a entrada de Muxía, nun paraxe extraordinario e que contará con aseos e duchas, postos de comida, (ata especial para veganos), así como acampada libre.
As exhibicións de cometas serán o 31 de Agosto e 1 de Setembro na Praia dos Muiños e nelas ondearán o vento as cometas de : Hermanos Show Kites, Torbellino y ventolera, Equipo de vuelo Imagina, Jaime Papaventos, e Velaivai Kite Team.
Niste enlace tes a páxina web con toda a información : PREME AQUÍ
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR