MUJAID SADICK “XOGADOR ESTRELLA” DO MES DE XANEIRO.

 

O central rioxano do Real Club Deportivo, Mujaid Sadick, recibiu esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro. O defensa branquiazul acumulou o 52,2% dos 3.805 votos cos que se pechou a valoración, por diante de Keko Gontán (32,7%) e Carlos Abad (15,1%), avaliados nos partidos contra Alavés (Copa), Zamora, Salamanca, Compostela e Unionistas.

Con este recoñecemento, Mujaid móstrase, para xornalistas e afeccionados Deportivistas, como o xogador máis regular no que vai de temporada porque antes de recibir este premio conseguira ser un do tres finalistas nos galardóns de todos os meses anteriores, que finalmente se acabaron levando Keko, Uche e Diego Rolan.

A pasada temporada Mujaid xa gañara os premios de xogador do mes en novembro de 2019 e febreiro de 2020, polo que co de hoxe acumula o seu terceiro premio Estrella Galicia como xogador do mes.

Mujaid dixo na entrega do galardón que : “Agora mesmo pensamos en gañar os catro partidos que quedan e a ver que pasa, porque en fútbol nunca se sabe. Sácannos uns puntos, pero gañando os encontros que faltan, os demais van picar nalgún partido, e seguramente esteamos aí arriba”.

Sobre o Ferrol, próximo rival dos deportivistas o vindeiro sábado a partires das 19:00 horas, (18:00 GMT), televisado por TVG2 e a sua web : “Paréceme un gran equipo. Ten moito trato de balón e gústame moito», apuntou o central, quen advertiu de que acudirán á cidade departamental «coas máximas ilusións posibles para lograr a vitoria”.

Pasou da pregunta “maliciosa” de non haberse ido ao descender, (algo que fala a favor dél en contra doutros que abandoaron o equipo como ratas nun naufraxio),  e foi coherente ante esta absurda pregunta a estas alturas : “Estou aquí e é o que importa. Penso no meu equipo e en conseguir obxectivos que temos”.

 

 

 

-Foto e Texto : RC Deportivo