O vindeiro 8 de agosto LM Sports Fitness de Carballo orgañiza “¡Muévete con Daniela!”….Día Solidario a beneficio da Asociación Princesa Rett orgañizado por LM Sports de Carballo, en colaboración con Cances CF, nun día nos que sexa un día “que se recorde para sempre”. A empresa carballesa fará un evento con fitness, Zumba, Ciclo Indoor, ATHX, música e moitas moitas sorpresas, tal e como nos apuntan. Adicarán o día por Daniele e tódalas Princesas Rett.
Animan a xente a reservar praza e a “moverse por Daniela, a disfrutar, compartir e colaborar”. Ademáis dos orgañizadors LM Sports, colaboran nesta iniciativa solidaria o Cances CF, Concello de Carballo, Carballo deporte, Calvo, La Bombonera, Lumont Performance, e Adidas|ATHAX.
Torneo Internacional Veteranos
Antes teremos esta fin de semana, (18-19), nas Eiroas, (Carballo), o “II Torneo Internacional de Veteranos”, que orgañiza o Cances CF coa colaboración do Concello de Carballo e que será tamén solidario para a causa das Princesas Rett, tal e como xa vos temos informado e do que vos traeremos unha previa.
Que é o síndrome de Rett?
A síndrome de Rett é unha enfermidade neurolóxica rara do desenvolvemento que afecta principalmente ás nenas. Está causada na maioría dos casos por mutacións no xene MECP2, situado no cromosoma X.
Os bebés con síndrome de Rett adoitan parecer desenvolverse con normalidade durante os primeiros 6 a 18 meses de vida. Despois comeza unha fase na que perden habilidades que xa adquiriran, especialmente relacionadas coa comunicación, o uso das mans e o movemento.
Os síntomas máis frecuentes inclúen:
-Perda progresiva da fala ou dificultade para comunicarse.
-Movementos repetitivos das mans (retorcelas, bater palmas, frotalas).
-Problemas para camiñar ou coordinar os movementos.
-Discapacidade intelectual de distintos graos.
-Problemas respiratorios, especialmente cando están espertas.Convulsións (epilepsia) nalgunhas persoas.
-Escoliose (curvatura da columna vertebral).
Actualmente non existe unha cura definitiva, pero os tratamentos poden mellorar a calidade de vida. O manexo adoita incluír fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia, control das convulsións cando existen e apoio educativo e social.
A gravidade é variable: algunhas persoas poden camiñar e realizar certas actividades de forma relativamente independente, mentres que outras necesitan apoio continuo durante toda a vida.
–
-Información : Prensa Cances CF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–

