MOVEMENTOS, RENOVACIÓNS, FICHAXES, NOVA PRESIDENTA : CF LIRA, LARACHA CF, CD BAIÑAS E SD FISTERRA.

Alba co seu equipo directivo.

 

Alba Tajes nova presidenta do CF Lira

Alba foi elixida presidenta do CF Lira, na asemblea na tarde de onte, convertíndose así na primeira presidenta da historia do equipo “roxiño” e únese a outras féminas que presidiron equipos de fútbol costeiro, coma, Elvira e Isa no UV Vee, María, no Laxe, Aana Pérez no Camelle, Dolores Viña no san Lorenzo, ou a derradeira en deixar o cargo, Rebeca Facal no CD Baio.
.
Acompañarán a Alba nesta nova andaina : José Figueira, (vicepresidente), Francisco Javier Saborido, (secretario), Manuel Sendón, (tesoureiro), e Chrístian, Raúl, Fran e Manolo do Rato, como vocais.
.

Añón volta o Laracha tras facerse no RC Deportivo.

 

2 renovacións, 1 promoción e 1 fichaxe no Laracha

O Laracha CF do estordés, Rubén García, segue a perfilar a sua plantilla de cara a vindeira tempada, na que o obxetivo é voltar a Preferente Norte, despois de tal e como lle pasou tamén o Xallas FC, caesen ambos a 1ª Galicia, por un siostema de competición asqueroso e insolidario co feito polos equipos.

A fin de semana foi productiva, e se nos informaban que o xove, Eloy Martínez, xuvenil de primeiro ano, adestrará co primeiro equipo na pretempada. Xa en idade cadete foi convocado, o ano pasado, en 14 ocasións, debutando co primeiro equipo. Tamén nos informaron das renovacións do extremo carballés, Juan Carlos Fuentes, que a pesares dos seus 38 anos, segue a dar un bo rendemento e sumará a sua terceira tempada no equipo larachés. Tamén renovou o xove Moisé Díaz, central de 20 anos, que chegou o equipo da Laracha no mercado de inverno, procedente do Órdes.

Dani Añón, (Montemaior-A Laracha 06/06/2002), tras formarse no RC Deportivo dende alevín, idade a que se foi do Laracha CF, retorna tras pasar por tódalas categorías de base deportivista. 

 

Rosqui continurá no CD Baiñas

O CD Baiñas é un deses equipos que se viron perxudicados pola desfeita competicional, e baixou a 3ª da Costa, tralos arrastres de outras ligas, xa que na Liga da Costa houbo ata 6 descensos. O clube baiñés confía de novo en Ángel “Rosqui” para levar o equipo outra vez a Liga da Costa. O coñecido adestrador da Ponte do Porto, dirixirá nunha 3ª da Costa, que por unha vez será competitiva, en número e calidade de equipos.

 

Iván Bouzón deixa o SD Fisterra

Se fai uns días anunciábamos a baixa dos adestradores, Juan Purrúa, e Juan Cabrejo na SD Fisterra, hoxe chéganos a despedida do meta, Iván Bouzón, que ven de facer unha gran tempada co equipo fisterrán, no que sumaba 3 tempadas. 

Así se despedía Bouzi dos sues compañeiros e do SD Fisterra : “Despois de 4 increíbles anos defendendo o escudo da S.D. Fisterra chega o momento de despedirse. Estou moi orgulloso do meu paso por este equipo e de todo o logrado, desde o primer día fixestedesme sentir un máis de vos, e eso non sempre pasa. Gracias a todos os meus compañeiros, entrenadores, directiva e afición por confiar en min”.

-Fotos : CF Lira/Laracha/Voz de Galicia/piratasdemuxia

-Texto . piratasdemuxia