MOVEMENTOS NO XALLAS FC CA RENOVACIÓN DO “GRAN CAPITÁN”, DORO E A FICHAXE DE RICHI PARA O FILIAL..

Doro forma parte importante da historia do Xallas FC.

 

Coma tódolos anos por este tempo irémosvos traendo tódalas novas que nos envían os clubes, (e os nosos colaboradores), sobre os seus movementos nesta época estival. Iremos poñendo aquelas novas que nos mandan ou nas que nos etiquetan nas suas redes sociais, para que non haxa aquelo de que : “poñedes duns e doutros non”, polo que durante o día podedes entrar de novo na noticia, xa que iremos actualizando cas que nos vaian chegando.

Xallas FC, (Preferente Norte)

O Xallas FC  anúnciannos as renovacións do “Gran Capitán”, Sergio Prego “Doro”, peza crucial e “alma mater” do equipo xalleiro nos derradeiros tempos, a sua renovación temos que unir a fichaxe de Richi para o filial. O equipo senior que disputará un ano máis a Preferente Norte xa ten renovados a Coke, Peke, Carlos Rieiro, Jacobo e Alberto, así como a fichaxe de Ezequiel, e a renovación dos técnicos David González e Ánxo. No que se refire ao capítulo de biaxas o clube xalleiro non contará para a vindeira tempada con : Julián, Jordan, Kamilo, Santi Hernández e Pablo Mata. Doro aos seus 42 anos, suma así a sua 6ª tempada consecutiva no clube de Santa Comba, pasando na 2013/14 polo CF Dumbría e anteriormente polo Xallas de Santa Comba CF, e antes no Santa Comba CF. Tódalas tempadas en Terceira División e Preferente Norte, e co dato de non haber sido nunca expulsado e cunha bagaxe de 79 goles en liga.

No filial, a fichaxe de Richi hai que sumarlle as de Estiven e Joel e a do adestrador da casa, César Romero, e suben do equipo xuvenil a Alejandro, Nando, Brais e Fabián.

 

Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/Xallas FC

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies