MOVEMENTOS NO DEPOR : BOULDINI, CONFIRMADO, JUAN GAUTO, XA ESTÁ NA CORUÑA, E OUTRAS BREVES DEPORTIVISTAS.

 

Bouldini confirmado

Tal e como comentaba onte a primeiras horas da tarde a prensa levantina, o dianteiro marroquí, Mohamed Bouldini, que foi adquirido fai duas tempadas polo UD Levante por 3 millóns de euros, era traspasado o Depor, e así foi. O dianteiro centro nada on Casablanca, (27/11/1995), foi confirmado polo clube deportivista cun contrato ata o 30 de Xuño de 2028, a falla do recoñecemento médico que pasaba esta tarde, para mañán xa adestrar cos seus novos compañeiros. Todo apunta a que non haberá problema dado que xa xogou nas duas primeiras xornadas co clube levantino, un deles de titular. O Levante desfaise dun xogador que lle ocupaba moito marxe no tope salarial, para así tratar de abrir paso a 3 fichaxes que ten no tinteiro e que non puido inscribir.

 

Juan Gauto será anunciado en breve

Habida conta de que o mercado pecha mañán venres ás 00:00 horas faltaba por chegar un interior dereito, posto no que está tan só Mella e na prensa en xeral falaban da chegada do xove arxentino, Juan Cruz Gauto, (Perillo Moreno, 02/06/2004), que chegou a pasada tempada o Basilea, suizo, tras desenvolsar este equipo, 3´86 millóns de euros polo 85% do seu traspaso dende o CA Huracán arxentino. O rapáz é internacional Sub 21 por Arxentina, chegou na tarde de hoxe ao Aeroporto de Lavacolla e mañán pasará recoñecemento médico.

 

Cayarga di adeus o Depor

Depor e Berto Cayarga separan os seus camiños, tras decidir de maneira amigable a rescisión do seu contrato. Xa no día de onte vos adiantábamos esta nova, pero sen confirmar por parte do RC Deportivo, o ver que o Real Unión de Irún anunciaba a sua fichaxe. O noso desexo de éxito a este rapáz que deu o que puido, ou lle deixaron, o clube. Nas pouco máis de 24 horas que quedan para o peche de mercado falla saber o futuro de Iano Simao, o ter 3 laterais esquerdos en plantilla, e de Raúl Alcaina.

 

O Barcelona quer a Rubén López para o seu filial

Segundo unha información da Cadena Ser que pulula polos mentideiros deprtivos, o Barcelona trata de incorporar a Rubén López para o seu filial. Todo esto con pouca veracidade demostrable, fala tanto de unha cesións normal e corrente, co pago que se acorde, e de que o equipo barcelonista, falso nas suas relacións con fichaxes de xogadores deportivistas, ofrecería o traspaso polo montante de 6 millóns de euros, con variantes segundo rendemento ou subida o primeiro equipo. Tamén se comenta que o Depor invita o clube catalán a pagar a clausula de rescisión que din anda antre os 8 e os 10 millóns de euros. Habida conta do estado da economía do clube do nordés de España, todo apunta a que son divagacións tras unha noite de soños. Nas proximas 29 horas saberase se é verdade todo isto.

 

A Federación de Peñas Deportivistas pide o Ferrol que recapacite no tema das entradas

O vindeiro Domingo 1 de Setembro teremos en Riazor o primeiro derbi da tempada ante o Ferrol, para este encontro o RC Deportivo preguntou o ferrolán, cantas entradas lle ían a ceder para o encontro de volta na Malata, a resposta fo de 210, polo que o clube deportivista cedeulle o mesmo número. Ante esta desabenencia a Federación de Peñas Deportivistas fixo un comunicado pedíndolle ao R. Ferrol, que recapacite que está en tempo e que axude a que poidan vir a Riazor cantos máis mellor, para un encontro entre “cidades a 50 kems de distanza”, para que da mesma maneira tamén poidan ir máis a Malata. Verdadeiramente é vergoñento o proceder o equipo de Estrella Galicia, que ademáis é un dos máximos accionistas minoritarios do RC Deportivo. Este feito en vez de aproximar aos afeccionados o fútbol estanos afastando. Calquer clube con campos máis pequenos tivo e ten mellor proceder. Por outra banda a Federación de Peñas xa ten en marcha a maquinaria para o encontro ante o Granada, instando os peñistas interesados en enviar por medio das suas peñas as peticións debidamente cumplimentadas. Tamén orgañizarán viaxe en bus o prezo de 50 euros, nunha viaxe subvencionada pola Federación de Peñas e o RC Deportivo que aportarán un 30% cada ente da viaxe para que salga a ese prezo.

 

Feiraco retorna a camiseta deportivista 24 anos despois

Se unha de boas tivo o Depor na sua historia foi que a excepción do ano de Dremcast, que foi cando deixou Feiraco, sempre foron camisolas con publicidade de empresas galegas, ou de motivos como, “La Coruña despega”, (Alvedro), ou “Galicia Calidade”. Desta volta o patrocinio de Feiraco volta a camisola deportivista, non o fará diante, onde temos a Estrella Galicia, pero sí acompañará aos xogadores na parte traseira trala caluga. O clube deportivista fixo un simpático vídeo para anuncialo co meta luso Leite…

 

 

-Foto e vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”