MOVEMENTOS NO CF MAZARICOS E MUXÍA CF :

 

Muxía CF, (Liga da Costa)

O Muxía CF que fai uns días anunciaba as renovacións do tandem técnico formado por Diego Lobelos e Óscar Leis, con Luis Romaní no apartado de base, así coma a dun dos grandes xogadores da costa como é Adrián Alcaina. ademáis das fichaxes do fisterràn Joselu para a portería, o dianteiro vimiancés “Fran-chute”, e a volta de Sergio “Peski”, tras unha tempada sen xogar por estudos no País Vasco. Seguen renovando pezas importantes para a vindeira tempada e desta volta son Jose Sar “Conguito”, Tati, Julián e Mauro oa que seguirán loitando polos intereses muxiáns.

 

 

CF Mazaricos, (1ª Galicia G2)

Primeiro foron as renovacións de Borja, José Ángel, Pereiro, Estéfano e Ricardo e logo as voltas de :  Chiki que o ano pasado non pudo estar co equipo por motivos de estudios, Rachón, lateral ou interior zurdo con moita chegada, que ven dende o Volantes de Baño CF, Alberto “Villa” que volve o equipo despois do seu paso polo Volantes e Outes, Raúl de Atán que volve a qué e a sua casa despois do seu paso polo Lira, Moli que retorna o ataque dos amarelos despois do seu paso polo Zas, Sandelo despois do seu paso polo Soneira, Ferreiro, o de Beba, que regresa para a medular e Marcos de Arcos que deixaba o Xallas FC depois de 13 anos de trunfos. Agora chegan 3 homes máis de contrastada calidade : Iván Baña,o de os Vaos ficha procedente do Dubra para a portería. Despois do seu paso polo Xallas, Negreira, Dumbría e Soneira, volve a casa Oscarín para dar músculo o equipo. Outro fichaxe de élite para o Mazaricos é Chrístian procedente do Xallas FC, co que escribeu as páxinas máis importantes da sua historia máis recente. Calidade e garra para o lateral.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/Jorge Villar “Gorrión”/Muxía CF

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies