MOVEMENTOS NA SD CORISTANCO CAS CHEGADAS DE BELAR ESPERANTE, DIEGO MALLO, BORJA COSTA E IVÁN ROJO.

Diego Mallo volta a un Coristanco no que sentou cátedra.

 

A SD Coristanco vn de informarnos de 3 fichaxes. O clube da “Terra da pataca” no que continuará dirixindo ao equipo Alejandro Rodríguez “Juni”, anúncianos a volta do meta Diego Mallo, “un home diferencial baixo paus, caracterizado polo seu xogo aéreo e dominio co coiro nos pés”, tal como apuntan no clube cosristanqués. 

Asimsmo o equipo branquiverde ficha ao mediocampista Borja Costa procedente do SD Dubra “B”, xogador con experienza en categorías superiores, caracterizado pola potencia física e un golpeo de nalón sensacional.

Outro que se enrola no clube coristanqués e Iván Rojo, xogador sobradamennte coñecido na costa e que chega dende o UD Verqueda. Caracterízase pola sua intelixencia dentro do campo e a facilidade que ten de cara a porta.

Tamén se une o novo proxecto Belar Esperante, defensa procedente do SCD Malpica, que destaca por ser un carrileiro pontente de longo percorrido.

A SD Coristanco segue a traballar en novas incorporacións que nos irán comentado segundo estén pechadas.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.