MOVEMENTOS DE FICHAXES E RENOVACIÓNS NO UD PAIOSACO FEMININO.

Lucía, Nuria e Paula tres das novas caras do Paiosaco Feminino.

 

A Unión Deportiva Paiosaco segue traballando na confección da plantilla do seu equipo feminino, e vén de anunciar ao seu primeiros tres fichaxes para a tempada 2020-2021 e a renovación doutras catro futbolistas da pasada campaña. O conxunto verdibranco está mans a obra e para as súas primeiras incorporacións de fronte ao próximo curso, dende A Porta Santa saíron a pescar á Costa da Morte, máis concretamente a Malpica e a Cabana de Bergantiños.

De terras malpicás chegan a Paiosaco, Nuria Tuset Rodríguez (2000), unha porteira de futuro e con boas maneiras que aterra en Paiosaco procedente do Portazgo; e tamén Paula Veiga Varela (2006), xogadora novísima, de moita calidade e bo trato de balón que chega desde a Unión Deportiva Cerqueda para reforzar a zona ofensiva verdibranca. Pola súa banda, desde Cabana, chega Lucía Rodríguez Souto (2006), futbolista de moita garra e carácter que actúa como lateral esquerda e que aterra na Porta Santa despois de desenvolver toda a súa carreira deportiva no equipo da súa terra.

No que respecta ao apartado de renovacións, o club verdibranco garantiuse a continuidade de catro futbolistas das máis novas do seu plantel como son Antía Trigo, Valeria Marta, Nereida Lopes e Ainhoa Villamisar; e reafirma a súa aposta por un proxecto de futuro.

 

-Foto e Texto :  UD Paiosaco/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.