Remeseiro no intre da firma co presidente Luciano Calvo.
Marcos Remeseiro renova co Bergantiños CF
O clube carballés segue no seu traballo de confección da plantilla 2010/21, tal e como vos traemos estes días cas altas a baixas. Onte tras varias renovacións chegaba a nova incorporación dende o As Pontes, Carlos López e hoxe anúnciannos dende o clube bergantiñan a renovación de Marcos Remeseiro que seguirá no Bergantiños. Tal como nos apuntandende Carballo : “O centrocampista coruñés, de 28 anos, afronta a súa segunda temporada en Carballo tras chegar ás Eiroas o pasado verán procedente do Compostela. Zurdo con moita clase, é un dos futbolistas importantes de Terceira na súa posición.
“Foi unha decisión fácil e rápida”, dixo Marcos logo de formar a renovación. “Desde o primeiro momento sentín a confianza do corpo técnico e tamén da directiva. O obxectivo é ambicioso e encantaríame xogar co Bergan en Segunda B, así llo fixen saber ao club. Así que agora toca esforzarse para que o curso que vén vaia como todos queremos. Estou moi contento e desexando comezar a adestrar”.
O club segue a traballar sen descanso na confección do plantel para a vindeira campaña.
Aythami deixa o terreo de xogo pola preparación física.
Altas e baixas no UD Paiosaco
Renovaron no equipo de “Peisaco” que disputará un ano máis a 3ª División : Rama, Mallo, Gamallo, Edu Días, Beto, Ventola, Pablo, Juanma, Josiño, Eiroa, Jesús Sayés e Iván Amor. Pola sua banda : Chistian Iriso, Javi Fuentes, César Rodríguez, Popi e César Cotos, causan baixa de cara ao curso que ven. E no capítulo dos técnicos, Aythami, xogador do primeiro plantel nos últimos 4 anos, troca o terreo de xogo polo corpo técnico de Juan Riveiro para ser o novo preparador físico.
-Texto : piratasdemuxia.es/Bergantiños CF/UD Paiosaco
-Fotos : Bergantiños CF/UD Paiosaco
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.