MOURIÑO…OUTRO DESGRACIADO CON POUCA MEMORIA QUE NON VEU TODO O QUE PASOU.

 

Se fai uns días Tino Saqués amosaba non ter nen idea do que estaba a falar obviando as numerosas neglixencias e atropellos que realizou Tebas e o Fuenlabrada, ou mellor dito, de seguro que falaba con intereses ocultos hacia Tebas, desta volta é o dono absoluto do C. Vigo, Mouriño, o cal dí “non ser partidario de Tebas”, pero defende a sua xestión de todo o que pasou e exímeo de culpas. O dono do equipo vigués, que non chega ao 20 % de afeccionados en Galicia segundo o INE, e concentrados nunha zona moi corta, principalmente zona de Vigo e Ourense, ademáis de obviar todo o acontecido, non lembra quen foi o que defendeu dnde o minuto un a liga de 22 na Primeira División, caldo por un erro na entrega de avales era descendido a 2ª B xonto co Sevilla FC. Asimesmo habería que velo se o C.Vigo descendese tras non xogarse o seu encontro co Español en horario unificado e o Leganés tivese derrotado o Madrid.

Para refrescarlle a memoria a Mouriño, como xa comentábamos cando esbardallou Saqués, estes son algúnhas das neglixencias que ocurriron dende o día 20, (incluido), para ver se está no certo que Tebas obrou ben : 

-Os berros da sua afección e as demáis, cada semana pedindo a marcha de Tebas.

-Os seus xogadores e o seu adestrador en contra de xogar o día 20 cando se deu a órde de xogar.

-Adulteración da liga incumplido o horario unificado.

-Tebas recoñeceu que él mandou viaxar o Fuenlabrada con infectados infrinxindo o protocolo.

-Nin Fuenlabrada , nen a LFP informaron a Xunta de Galicia dos infextados ata preto das 10 da noite do 20 de Xullo.

-Dixo que se apartaba do asunto por intereses familiares e económicos e non o fixo e segue.

-Fixo campaña de apoio o Fuenlabrada a pesares das numerosas neglixencias.

-Os ataques indiscriminados diarios dende as redes e televisións e radios afíns por parte de Tebas o RC Deportivo e outros equipos.

-O viaxe do Fuenlabrada sen médico.

-Os 28 infectados que puxeron en risco a saúde dunha cidade e a economía dun hotel.

-A persecución aproveitando persoaxes do Comité e anulando propostas do xuíz instructor.

-A detención de Álex Bergantiños, un acto abusivo e persecutorio en calquera sociedade limpa e digna que se precie.

E moitas outras cousas que poderíamos enumerar, duns actos que atacan directamente o clube máis representativo de Galicia, o fútbol en xeral e a saúde das persoas. Verdadeiramente como se pode decir que Tebas o fixo ben se a liga non rematou o non xogarse as xornadas en horario unificado, fallaron os protocolos e incumplíronse deportiva e sanitariamente, non se xogaron os Play-Off o que perxudica aos equipos involucrados, que tamén tiveron no caso de Zaragoza e Almería infectados e consigueuse por unha mala xestión a desfeita vergoñenta a nivel mundial na que está inmerso o fútbol español, ao que tras fallar os protocolos, para os que non tiñan “Plan B”, como se demostrou, e se está a acrecentar con positivos en outros equipos coma Madrid, Atlético ou Valencia.

 

-Foto : El Confidencial

-Texto : piratasdemuxia.es