MOLLEJO CONVOCADO POLA SUB 19 PODERÁ ESTAR ANTE O ALMERÍA

 

Pola mañán saltaba a nova da convocatoria de Víctor Mollejo para dous encontros ca Selección Espñola da Fútbol Sub 19, para un Mini Torneo de Clasificación de Belgrado, (Serbia), entre o 8 e o 14 de outubro, e buscar o pase á Rolda Elite. Esto faría que o xove xogador de 18 anos de idade, cedido polo Atlético de Madrid, se perdese o encontro ante o UD Almería do vindeiro domingo a partires das 18:30 horas, (16:30 GMT), por Gol Tv, e o seguinte ante o UD Las Palmas do Domingo 13 de Outubro ás 21:00 horas, (19:00 GMT), televisado por Movistar Vamos.

O RC Deportivo fixo a solicitude de reter unhas horas o xogador para que puidese xogar o encontro ante os almerienses, dado que se tiña que presentar o sábado, solicitude que lle foi repondida por parte da RFEF de maneira satisfactoria e poderá ser da partida ante os almerienses en Riazor.

Do pouco que se puido salvar do encontro do pasado Domingo en Riazor ante o CD Mirandés, Mollejo, pola sua entrega, desparpaxo e gol é ó único.

-Foto : RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es